Skip to Content

Monthly archive

Deporte Escolar: Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O pasado mércores día 27 de novembro deu comezo a competición escolar de volei. A 1ª xornada tivo lugar no Pavillón do Ceip Randufe.

Do colexio participamos 35 alumnos, distribuidos en 4 equipos alevíns e 3 equipos Benxamíns.

Foi unha tarde fantástica na que desfrutamos do volei, cos nenos e nenas do Cep Pedro Caselles, do Ceip Antonio Fdez de Goián, do Ceip de Randufe, do Ceip de Barrantes e do Ies Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Moitas grazas a Agrudebam por organizar xornadas coma esta.

 

 

Volleyball 19-20

On November 27th, school volleyball championship began in CEIP Randufe.

From our school, 35 students participated. It was a great journey with the students from Cep Pedro Caselles, Ceip Antonio Fdez, Ceip de Randufe, Ceip de Barrantes and Ies Antón Alonso Ríos.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

 O vindeiro martes 5 de febreiro, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton. Será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

O pasado mércores 20 de febreiro tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha tarde fantástica de Bádminton na que tod@s @s participantes gozaron cos compañeir@s da zona de Tomiño.

Aquí vos deixamos o enlace ás clasificacións que atoparedes na web de Agrudebam e ás fotos da xornada.

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

Pavillón Ceip Sobrada Tomiño.

27 de marzo de 2019

O vindeiro mércores día 27 de marzo vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os/as participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. Os nenos e as nenas que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Alimentación saudable

Alimentación saudable

Continuamos co segundo período de froita fresca que Lúa nos trouxo o cole. Dende o luns 1 de abril ata o venres 5, puidemos volver a gozar de froita de tempada. Esta vez tivemos clementina, piña, uvas, melón e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Puidemos contar de novo coa imprescindible axuda das familias na preparación de toda esta froita e co alumnado de 6º de educación primaria no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!

Xornada de Loita Galega 4º

Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

O pasado mércores día 17 de abril, tivo lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para  o alumnado de 4º. Dita xornada foi no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Nesta xornada participaron o C.E.I.P Nº1 de Tui, o C.E.I.P Guillarei, o C.E.I.P de Randufe, o C.E.I.P de Rebordáns e o C.E.I.P Nº2 de Tui. Unha fantástica xornada onde o noso alumnado tomou contacto con xogos de iniciación a defensa persoal, a loita galega e o respeto aos contrarios.

Sara Tui Campiona do Mundo de Fútbol Praia

Sara Tui Medalla de Ouro no campionato do Mundo de Fútbol Praia Feminino.

O pasado mércores 16 de outubro de 2019, a selección Española de Fútbol Praia convertíase na gañadora da medalla de Ouro nos xogos mundiais de Fútbol Praia en Doja ( Qatar). Entre as xogadoras atopábase a tudense Sara Tui, xunto a outras dúas xogadoras galegas: Carol González e Andrea Mirón.

As nosas felicitacións a toda a selección  feminina de Fútbol Praia, pero especialmente a Sara, unha súper xogadora.

 

Aquí vos deixamos o enlace a páxina da Voz de Galicia onde podedes ver o vídeo da final.

A NOSA HORTA XA VAI COLLENDO FORMA

O acondicionamento da horta deste ano está a levar moito tempo, pero seguimos traballando arreo para que pronto poidamos adicarnos a plantar. Continuamos coa reciclaxe de neumáticos e xa temos dous bancais. O invernadoiro estrea cuberta nova e só falta a división do interior.

                                                                

Menús mensuais

 

 

Menú de setembro

 

Menú de outubro

 

Menú de novembro

 

Menú de decembro

 

Menú de xaneiro

Menú de febreiro 

 

Menú de marzo

 

Menú de abril

 

Menú de maio

 

Menú de xuño

 

 

 

Deporte na escola: Torneo de Balonmán

cofinanciado

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

 O vindeiro martes día 17 de decembro de 2019, dara comezo a competición escolar de Balonmán, para o alumnado de 1º a 6º que terá  lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos será  de 16:00h a 19:00h. Todo o alumnado que queira participar nesta proba, deberá traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 13 de decembro.

Aquí podedes descargar a notiña de inscripción.



by Dr. Radut