Skip to Content

Monthly archive

V Gala do Deporte de Tomiño: 9 de marzo de 2019

 V Gala do Deporte de Tomiño

9 de marzo de 2019

 A V Edición da Gala do Deporte celebrarase no Auditorio de Goián co obxectivo de premiar ás e aos deportistas tomiñeses destacados neste último ano.

Durante o evento entregáronse diferentes galardóns, como o de mellor deportista feminina e masculino, mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre outros. Moitos de estes premiados foron antigos alumn@s das escolas de Tomiño que forman parte da Agrupación Deportiva de Deporte Base Baixo Miño. Noraboa a tod@s eles e ao Concello de Tomiño, por ter sempre presente a importancia do deporte para unha vida sá e saudable.

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal tivo lugar o  pasado sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráronse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino. Noraboa aos participantes.

Atoparedes información detallada en Agrudebam. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

 

Campións

Campións

Unha película educativa.

Mércores 15 de Outubro de 2019

O pasado mércores 15 de Outubro o alumnado de 5 e 6º, xunto ao alumnado doutros colexios de Tui, tiveron a sorte de poder ver a película española "Campións", no teatro da Área Panorámica. Houbo momentos divertidos, apaixoantes, pero sobre todo emotivos. A película destaca moitos valores importantes tanto para o deporte coma para a vida.

   “Champions” educational movie.

On Saturday 26th, 5th and 6th grade students, besides students from other Tui schools, went to watch the spanish movie “Champions” in “Area Panorámica.

 The movie was funny but also emotinal. It shown us very important values about sports but also about life.

Campo a Través Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O Vindeiro venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento é gratuito.

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

Promocións: O Skate de Antón

O Skate

Antón de 3ºB

27/11/19

Antón de 3ºB, quixo compartir con nós a súa paixón polo Skate, o seu deporte favorito. Na clase do día 27 de novembro trouxo o skate que él fabricou cos seus pais. O seu curmán regaloulle a taboa, él e o seu pai mercaron as rodas e a pintura para poñerlle uns cadrados con moito e datalle e para rematar situarlle unhas pegatinas que lle dan un toque singular. Sorprendente e meticuloso o traballo realizado, casi de profesional Antón. 

Despois, Antón tamén nos explicou distintas formas de desplazarse co Skate, que aprende en Gondomar a onde vai practicar. Contounos dos diferentes tipos de saltos: Ollie ( o salto máis básico), Flip, Impossible, etc...

Foi posible tamén que nos mostrara ás súas habilidades sobre o Skate. Noraboa por este gran traballo Antón, nunca deixes de tentar as túas ilusións, estamos seguros que vas a medrar moito como deportista do Skate.

 

Moitas grazas a familia de Antón por actividades deportivas tan interesantes. 

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Desde el Ceip Nº2 de Tui queremos compartir con todos vosotros los mejores deseos sanos y saudables para el próximo año 2019.

 Tamén o alumnado de Infantil do cole preparou un video con todo o agarimo para todos vós, cos mellores desexos para o 2019. Pinchade na foto de abaixo para velo.

 

PROGRAMANDO POLO MUNDO

Hola chamome Raúl e coa axuda de máis xente vou presentar a máquina da verdade. Trátase dun simulador dunha máquina destas de si dis a verdade ou mintes.

 

Este xogo é total mente aleatorio, pero é moi divertido e entretido. Ideal para xogar cos amigos e amigas e pasar un bo rato.

Modo de xogo:

Ao empezar aparecen dous cadros. Un pon si e o outro non. O que empeza a xogar, pídelle a un compañeiro/a que lle faga unha pregunta e ten que respondela mediante os cadros.

Unha vez se responde, na pantalla ten que pór analizando. Esperas uns segundos e pon "TI DIS A VERDADE" ou "TI MINTES".

 

Volvo a repetir, é un xogo fantástico!

 

Feito por Raúl.

Unha nova arma de paintball para matar os nidos das abellas velutinas

O concello do Carballiño valora a compra dunha nova arma de paintball que combate contra as abellas.Os membros da protección civil, emerxencias e bombeiros.Onte oubo unha demostración do novo fusil de paintball que permite disparar aos nidos de abellas e deixalos inutilizados.

Finais Tenis de Mesa 18-19. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de Abril de 2019

Finais Tenis de Mesa 18-19.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

10 de Abril de 2019

O vindeiro,  Mércores día 10 de Abril,  vai ter lugar a a Xoranda Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

BOS DESEXOS E FELICITACIÓNS POR NADAL

Nestas datas tan sinaladas, o espírito navideño comeza a inundarnos a todos. A ilusión, os bos desexos e as emocións e valores positivos, que sempre debemos ter en conta, cobran especial relevancia nestas datas.

O Nadal é un bo momento para compartir experiencias, contar historias, transmitir valores e, sobre todo, para ilusionarnos e desexarlles aos demais todo o mellor. Podemos transmitir o valor de dar e non só de recibir, o valor da unión e o valor de compartir, e a importancia de pasar momentos xuntos e realizar actividades en equipo que nos axuden a crecer e a fortalecer a nosa autoestima.

Promover e cultivar entre o noso alumnado todos estes valores forma parte do noso quefacer diario. Por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, animamos a todo o alumnado a participar nas actividades propostas para levar a cabo estes propósitos:

  • Elaboración de postais, en formato tarxeta, escritas en lingua galega con felicitacións e bos desexos.
  • Recreación dunha aldea galega coa colaboración de todos os niveis educativos do centro confeccionando elementos característicos e propios das nosas aldeas: pontes, muíños de auga, casiñas, pozos, calustras e outras figuras .

Aquí vos deixamos algunhas fotos da exposición de postais e a maqueta da aldea galega para que vexades o fantástico traballo realizado entre todos.

     

      

     

      

          

     



by Dr. Radut