Skip to Content

Monthly archive

Campo a Traves Zonal

Proba de Campo a Través Zonal

 19-20.

Sábado 23 Nov 2019

          O Vindeiro sábadp día 23de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º a 6ºº, que  asistirán á proba en autobús ou coas súas familias. 

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

Cousiñas de Nadal

 Os alumn@s de 4º e 5º de Educación Primaria, xunto coa profe Rosi de Relixión Católica, quérennos dar boa conta daquelas cousiñas importantes que debemos recordar en torno ao verdadeiro significado do Nadal.

 

             

 
                                                        

PROBA CAMPO A TRAVÉS

Campo de fútbol da Canosa O Rosal

O Vindeiro Sábado día 19 de xaneiro

Será en  horario de mañá. Vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do Campo de Fútbol da Canosa en O Rosal. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 9:00h no C.E.I.P. Nº 2 de Tui, 9:05h nas paradas de Rafi,Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso. 

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña  que adxuntamos asinada antes do vindeiro venres día 15 de xaneiro de 2019, coa mesma autorizo a que o Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui  inscriba ao alumnado participante na proba ( nome, apelidos, data de nac, …) e que estes datos estén a disposición das entidades organizadoras :  Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Entrevista a Enrique Míguez e Manu Garrido

Entrevista a Enrique Míguez e Manu Garrido

Con motivo do Proxecto Erasmus+.

No mes de decembro alumnado de 6º do noso colexio, tivo a oportunidade de entrevistar aos padexeiros Enrique Míguez, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos dos Anxeles en 1982 e a Manu Garrido Campión do Mundo de Piragüismo.  Aquí vos deixamos o vídeo que forma parte das actividades a levar a cabo neste curso con motivo do Proxecto Erasmus+ " Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz".

Moitas gracias a Manu e a Quique, sempre dispostos a colaborar co alumnado do noso centro. Grazas pola aportación da vosa experiencia deportiva e humana.

 

ESTREAMOS CABECEIRA

Xa temos de novo o noso blog funcionando e agora tamén con logo propio. Estreamos cabeceira cunha imaxe personalizada onde o noso compañeiro Fernando, coordinador do Equipo e grande artista, buscou conxugar o nome do noso centro (no interior dun instrumento perfectamente identificble para a nosa profesión como é un libro) co símbolo do noso concello, o seu escudo.

O resultado xa o podedes ver. Precioso! E se a todo isto lle sumamos as cores da bandeira da nosa Terra e o encabezamento escrito baixo o título CAMIÑANDO ENTRE VERBAS, a imaxe non pode ser máis significativa.

 

Merenda saudable

 Merendas saudable

Durante a semana do luns 25 ó venres 29 de marzo tivemos o primeiro período de froita fresca que ofertamos no cole. Ven da man do programa proxecta, aliméntate ben, e con el pretendemos implantar boas costumes alimenticias.

Lúa tróuxonos un montón de froita rica e saudable da que gozamos tanto o alumnado coma o profesorado, foi todo un éxito! 

Moitas grazas ás familias colaboradoras, sodes de gran axuda.

 O luns e o martes tivemos clementina e melón.


 

O mércores e o xoves deixounos amorodo e mazá.

E para rematar a semana tivemos uns deliciosos plátanos.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 7 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Novás B. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron:  C.B.Tui-Novás B : 6-9/2-9/3-12/5-9

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celebrouse o DÍA DA POESÍA e os Equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega traballamos conxuntamente para propor a realización dunha fantástica actividade relacionada con esta data: un "mergullo" do alumnado neste fantástico mundo da poesía.

Léronse poemas e escribíronse outros creados polo propio alumnado e que, eles mesmos, foron depositando nos lugares indicados para tal fin: un vasiños de plástico transparente colocados nas portas da Biblioteca.

Durante toda a semana tamén se realizaron sesións de recitado de poemas por parte de alumnado voluntario desde o espazo da Biblioteca e que se puideron escoitar pola megafonía do centro durante os tempos de lecer.

 

           

 

O SAMAÍN CHEGA Á NOSA HORTA TAMÉN!!

Nótase que xa non queda nada para a festa do SAMAÍN do cole....a nosa horta tamén se suma a esta celebración!! 

 

 

IT IS HALLOWEEN IN OUR GARDEN TOO!!

We are celebrating "Samaín" (A Galician celebration very similar to Halloween) in the following days.....and in our graden it is Halloween too!!

 

 

20 de novembro: Día Universal do Neno

O Día Universal do Neno é unha celebración anual adicada á fraternidade e á comprensión da infancia do mundo. Un día cheo de actividades destinadas á promoción do benestar deste colectivo e concienciado coa difusión dos seus dereitos.

Nesta data tan significativa, o noso cole súmase a esta celebración recordando a todos a existencia destes dereitos e a necesidade de loitar polo seu cumprimento en prol dun mundo mellor para tod@s.

 

 

No blog da nosa Biblioteca temos máis información relacionada con esta celebración. Preme AQUí.



by Dr. Radut