Skip to Content

Monthly archive

Aitana lanza “Tráiler”o seu primeiro gran disco.

O novo disco da cantante Aitana, coñecida pola súa participación no programa OPERACIÓN TRIUNFO, está composto por seis cancións espléndidas, entre elas o seu éxito “Vas a quedarte”, unha canción que fala de como alguén quere recuperar ao seu gran amor. Tamén está no disco o seu primeiro single “Teléfono” co cal fixo un remix con Lele Pons, unha cantante latino americana.

Outra das súas cancións é “Popcorn”unha canción que se lle ocorreu cando estaba comendo flocos de millo e comezaron a falar delas.

Por último temos unha canción chamada “Mejor que tú” que trata de que alguén lle fixo dano e ela llo está botando en cara.

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui comezou a xogar a liga da temporada 18/19. O pasado 17 de febreiro de 2019, os nosos deportistas enfrontáronse nun novo partido contra o equipo de Carballal B. Neste equipo xogan Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Carballal B-C.B.Tui : 6-8/3-3/11-8/5-7

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

Lúa Meco do Entroido 19

Lúa, Meco do Entroido 2019

Durante a semana do 25  ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido co Meco. Lúa, transformada un curso máis en meco, foinos deixando cada día unha orde para que viñeramos con algunha cousiña que día a día se tiña que ir sumando ata converterse nun disfrace deportivo. Aquí vos deixamos as ordes e algunha mostra do ben que o pasamos. Grazas Lúa por converternos nuns deportistas de excepción.

 

 

 

O alumnado de 3º planta na horta de Lúa

O alumnado de 3º planta na horta de Lúa

 

Coa chegada da primaveira, a subida das temperaturas e a saída do Sol, o alumnado de 3º aproveitamos para plantar na horta de Lúa. Con estas temperaturas máis altas do mes de abril, xa podemos plantar ao aire libre.

Nós decidimos plantar leitugas e cenorias. Tivemos que preparar a terra, abrir os surcos, botarlle abono e logo colocar as plantiñas con moito xeitiño, para finalmente regalas e deixalas medrar.

Esperamos poder probalas no mes de xuño, seguramente estarán riquísimas e poderemos facer con elas exquisitos platos saudables.

 

Visita a Illa de San Simón para @s alumn@s de 1º e 2º.

Visita a Illa de San Simón para @s alumn@s de 1º e 2º.

Os primeiros día de xuño de 2019  o alumnado de 1º e 2º visitaron a Illa de San Simón, un lugar moi pertiño de Tui onde tiveron oportunidade de navegar en barco, visitar a Illa de San Simón, saber das súas aventuras históricas e xogar no seu entorno. Pasárono xenial.

Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

 Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

O pasado mércores 16 e o xoves 17 de outubro, durante  toda a xornada, e con motivo do Proxecto Erasmus +, que se está a desenvolver no noso centro en colaboración con varios colexios europeos, houbo diferentes obradoiros  para promover un estilo de vida saudable e feliz, organizados polo equipo de Actividades Extraescolares. Tiveron lugar dous obradoiros diferentes centrados na temática deste curso: A nutrición e o "Mindfullness". Ámbolos dous foron dirixidos por profesionais expertos en cada tema e contáronnos cousas moi interesantes.

Os nenos e as nenas participaron nestas actividades, tentando tomar conciencia da importancia dun estilo de vida saudable e feliz, que é o que pretendemos potenciar con noso proxecto Eramus+.





Moitas gracias a todo o equipo organizador.

 

   Promoting a Healthy, Happy lifestyle

On Wednesday 16th and Thursday 17th, in relation with our Erasmus Project, we participated in different workshops organised by The Extracurricular-activities team, relating with healthy lifestyle. They were two workshops one related to nutrition and the other one related with mindfullness.

 

Children took part in these activities where they learn a little bit more about good habits.

20 de novembro: Día Universal do Neno

 

  Con motivo da celebración nesta data do Día Universal do   Neno,  temos no programa aos rapaces e rapazas de 6º de  Educación Primaria do noso cole para recordarnos os principios fundamentais que se asentan na Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

 

 

 Atención á diversidade: Declaración de los Derechos del Niño (Edición Lectura Fácil)

Vida Sá e Saudable:Primeiros auxilios

Vida Sá e Saudable.

Primeiros Auxilios.

Aquí vos deixamos un rap divertido para que escoitedes e vexades como se prestan os primeiros auxilios. Esperamos que vos guste e aprendades cousas interesantes. 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Receitas polo mundo

Comida

Menu tipico de entroido galego.

.Cocido galego 1

 

Unha nova arma de paintball para matar os nidos das abellas velutinas.

O concello do Carballiño valora a compra dunha nova arma de paintball que combate contra as avellas. Os miembros da protección civil , emerxencias e os bombeiros. Honte ouvo unha demostración do novo fusil de paintball que permite disparar aos nidos das abellas e deixalos inutilizados.



by Dr. Radut