O alumnado de 3º planta na horta de Lúa

O alumnado de 3º planta na horta de Lúa

 

Coa chegada da primaveira, a subida das temperaturas e a saída do Sol, o alumnado de 3º aproveitamos para plantar na horta de Lúa. Con estas temperaturas máis altas do mes de abril, xa podemos plantar ao aire libre.

Nós decidimos plantar leitugas e cenorias. Tivemos que preparar a terra, abrir os surcos, botarlle abono e logo colocar as plantiñas con moito xeitiño, para finalmente regalas e deixalas medrar.

Esperamos poder probalas no mes de xuño, seguramente estarán riquísimas e poderemos facer con elas exquisitos platos saudables.