Skip to Content

Monthly archive

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Luns  día 19 de Decembro de 2018

 O pasado Luns día 19 de Decembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 3ºA, 5ºA. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Ceip Sobrada. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala. 

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

O vindeiro, martes 23 de xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

Estade moi atentos porque nas vindeiras semanas iremos subindo información sobre as actividades que levaremos a cabo este curso escolar 2017/18 na horta do cole.

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

Antes de comezar coa plantación na horta, os alumnos de 6º Andrea, Carlota, Marcos L., Marcos C. e Carmen, xunto co seu titor Luis, estiveron montando os armarios nos que se gardará todo o material que temos para desenvolver este proxecto.

Entre pezas, portas, tornillos e instruccións case nos perdemos, pero ao final quedaron ben bonitos!

Moitas grazas pola vosa colaboración compis!

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 5 de abril os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui -SAR: 4-6/9-7/8-4/4-5

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.

Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 18-19

Xoves  día 29 de Novembro de 2018

 O vindeiro xoves día 29 de Novembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

2017/2018

 

 PINCHA ENRIBA DAS IMAXES PARA VER OS MENÚS DO COMEDOR

 

 











DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Atletismo en pista

 DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Luns día 26 de Marzo de 2018

O vindeiro luns día 26 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Gorra, Mochila de Educación Física e merenda.

Esta actividade está organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organiza esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui.  Os centros educativos participantes serán Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaran a cabo son 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade. 

 

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 25 de Abril de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 25 de Abril de 2018

O vindeiro,  Mércores día 25 de Abril,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:45h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.



by Dr. Radut