Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton CategoríaEscolar (3º, 4º e 5º). Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR

Competición de Bádminton CategoríaEscolar (3º, 4º e 5º)

Curso 17-18

O Vindeiro sábado día 14 de  abril terá lugar a Final Escolar de Bádminton para alumnos de 3º,4º e 5º, clasificados  na fase zonal de Bádminton, dita xornada terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui. O horario dos partidos será de 10:00h a 15:00h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio  e chandal do mesmo. Todos teremos que estar alí ás 9:45h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se fose do seu interese.

Tamén lles deixamos aquí o horario da xornada.

BENXAMÍN: MONTE ALOIA

Montañeiros Celtas de Vigo.

OPERACIÓN BENXAMÍN: MONTE ALOIA

12-13 maio.

 O Club Montañeiros Celtas de Vigo organiza os vindeiros días 12-13 de Maio, no Monte Aloia dúas xornadas de montaña para nenos.

 

DATAS: 12-13 maio
LUGAR: Monte Aloia
SAÍDA: sábado 12 maio ás 15:00 h
CHEGADA: domingo 13 maio ás 20:00 h

Sábado:
Chegada a parque do Monte Aloia. Charla e práctica de orientación en montaña. Visión de estrelas. Cea

Domingo:
Almorzo. Concurso de cociña. Charla sobre alimentación. recollida do refuxio

Os nenos e nenas interesados en participar atoparan máis información en: http://www.celtas.net/glg/index.php

 

 

Promoción de Futbol-sala

 Promoción de Futbol-sala

O pasado luns 17 de setembro, estivo con nós Xacobe do Club a Quinta Futsal de Tui, el falounos de Futbol sala, dos equipos tanto masculinos como femininos que teñen no seu clube. Tamén nos convidou a probar os adestramentos. Moitas grazas Xacobe.

 

 Promoting  Indoor football

Last Monday, September 17th, Xacobe from A Quinta Club was with us at Quinta Futsal de Tui, He talked about male and female teams that their club has. He also invited us to try the workouts. Thank you very much Xacobe.

XOGOS POPULARES

OS XOGOS POPULARES

Mércores 24 e xoves 25 de  outubro

 O pasados xoves  25 e mércores 24 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos.

O mércores  foron os nenos de Ed. Infantil os que disfrutaron de xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria.

 

O xoves foron os alumnos de Ed. Primaria os que disfrutaron destes  xogos:  zancos,  carreira de carretillos, a chave, a rá, a petanca, a billarda, bolos celtas, a goma, os trompos, etc…

Rematamos a xornada coa tradicional baixada de carrilanas. Este ano contamos con 30  carrilanas, elaboradas con moito entusiasmo polos nenos e as súas familias, verdadeiras obras de arte. Moitas gracias por facer posible que os nenos de agora disfruten cos xoguetes de antes.

Taller de Saúde

Taller de Saúde.

O pasado martes día 20 de novembro de 2018, e seguindo coa formación para promover un estilo de vida saudable, tivemos na escola para toda a comunidade educativa un "Taller de Saúde" en horario de 17:00h-19:00h. 

Contamos coa colaboración do Doutor Dn. Eladio Eulogio Pardo. El abordou os seguientes aspectos sobre a importancia da saúde:

  • Hábitos de vida saudables. Actividade deportiva en familia, alimentación saudable, coidados, horas de sono, hixiene, etc.
  • Alimentación Saudable, equilibrada e ecolóxica. A importancia de una nutrición equilibrida, dieta, aporte enerxético en nenos e adultos,  comidas diarias ( Desaiuno, comida etc), a importancia das merendas ecolóxicas na escola.
  • Coidados. Primeiros Auxilios básicos. Maniobra de Heinlich, Epistaxis nasal, alerxías alimenticias, etc…

Tamén, estivo con nós a Fisioterapeuta Dna Mónica Martínez  que nos formou en:

  • Control Postural na escola, na casa, sentados. 
  • A mochila e cargas no lombo coo levar o peso.
  • Primeiros Auxilios Básicos. Traumas, contusións, etc...

e poidemos disfrutar dos bos consellos da Doutora Dna Laura Méndez especialista en odontoloxía:

  • Saúde bucodental, coidados, limpeza e importancia da mesma na saúde.

Os tres son pais/nais de alumnado do centro e foi unha satisfación aprender da súa experiencia e formación.

     
     

 

 

 

CALENDARIO DEPORTIVO EUROCIDADE

A Eurocidade Tui-Valença oferta unha trintena de actividades deportivas no seu calendario conxunto para 2018

 Aquí atoparedes o calendario detallado de todas as actividades.

O CB Tui Cadete Campión Galego. Liga 17-18.

 

O CB Tui Cadete Campión Galego.

Liga 17-18.

O pasado sábado 14 de abril de 2018, o equipo cadete do Club Baloncesto Tui, proclamouse Campión Galego da liga da tempada 17-18. Iste triunfo fase que obteñan o pase directo a xogar o Campionato de España por clubes que se xogará próximamente.

O nososparabéns a: Pau, Jens, Joel, Raul, Alejandro, Alberto, Antón, Lampón, Tilaye, Hugo, Girma, David, Xavi, Pablo, Jorge e coma non aoseu adestrador M.A.Simón e a todo o Club Baloncesto Tui polo gran traballo que están a levar a cabo.

 

TENIS DE MESA 17-18

Tenis de Mesa 17-18.

Final Provincial. 27 de Maio de 2018

       Pavillón Municipal de Romarigo  (Cangas)

O vindeiro,  domingo día 27 de Maio,  vai ter lugar a  Xornada Final Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de  9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón Municipal de Romarigo en Cangas. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 8:30h e a volta será a carón das 14:30h. Todos os participantes clasificados terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Cangas directamente terán que estar alí ás 9:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deportes de aventura. Surf

Deportes de Aventura. Surf

O alumno Pedro Hermida de 4ºA, un gran aficcionado aos deportes de aventura, sobre todo ao Surf, quere compartir con nós unha imaxe inédita de este deporte na Praia América, coas Illas Cies de fondo. Este deporte podemos prácticalo na Praia de Patos, en Praia América, etc...Animádevos a probalo seguro que vos vai gustar.

 

Información facilitada pola familia de Pedro Hermida de 4ºA. Grazas



by Dr. Radut