Skip to Content

Monthly archive

EQUIPO ECOLÓXICO

EQUIPO ECOLÓXICO 

Este curso 2018-19 temos una novidade no cole. Para axudar nas labores relacionadas ca horta e nun novo proxecto do que xa falaremos e que ten que ver coa reciclaxe, constituise o "Equipo Ecolóxico".

Este equipo está composto por 20 alumnos e alumnas de 6º que, de xeito voluntario, están dispostos a axudar e colaborar.

Polo tanto, dende o Equipo Ecolóxico e dende todo o Equipo Voz Natura dámosvos a benvida a este novo curso escolar!

   
   

 

 

A Horta de Lúa

A Horta de Lúa.

Para ter un estilo de vida saudable e feliz, creemos que é moi importante coidar dos alimentos que comemos. Para iso, tal como fixemos en cursos anteriores con Lúa, prantamos na súa horta, puxemos un invernadoiro e as nosas prantiñas están a medrar para que pronto as poidamos probar.

   

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL 17-18

 

Campo a Través Provincial 17-18.

 

Circuito da Azucareira Concello de Portas

 

Martes 23 de Xaneiro 18

 

O pasado martes día 23 de Xaneiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito da Azucareira no Concello de Portas. Este ano por primeira vez tivo lugar en horario lectivo, soamentes para centros educativos. Nela participaron do noso colexio equipo Benxamín Feminino, o equipo Benxamín Masculino e como Individual Iago Gallego.

 

Foi unha xornada estupenda coa participación de moitos colexios da provincia e donde Unai de 3ºA foi 4º en categoría Benxamín Masculino e Iago de 5ºB foi 3º en Categoría Alevín Masculino. Noraboa a todos os participantes.

 

Iago acadou a súa clasificación para o proba de Campo a Través que terá lugar o sábado 3 de febreiro no mesmo circuito de Portas para clubes da provincia e os colexios clasificados nesta proba.

 

Aquí vos deixamos a clasificación de todos os corredores na proba.

 

Aquí vos deixamos os listado de nenos e equipos clasificados para o provincial de clubes e colexios.

 

Tamén vos deixamos algunhas imaxes do moito que disfrutamos neste campionato.

 

 

 

 

O judoca tudense Lino Martínez proclámase Campeón de Europa en M6 - 81kg. Sábado 10-03-18 Coppet Ginebra Suiza

O judoca tudense Lino Martínez proclámase

 Campeón de Europa en M6 - 81kg.

Sábado 10-03-18

 Coppet Ginebra Suiza

O pasado sábado día 10 de Marzo de 2018, o tudense Lino Martínez participou en Coppet, Ginebra ( Suiza) no Campionato de Europa WIBK, representando a Eurocidade Tui-Valença e repetindo o éxito do ano pasado, proclamándose Campión de Europa na categoría M6-81kg. Lino conseguiu gañar todos os seus combates, gañando o ouro despois de vencer ao representante francés. Lino foi galardonado como mellor deportista veterano na Gala do Deporte tudense do ano 2017. Noraboa Lino!!

Podedes atopar máis información en Infomiño Tui  pinchando aquí

 

 

Agrudebam Premiada na Gala do Deporte de Tomiño

Agrudebam Premiada na Gala do Deporte de Tomiño

O pasado sábado día 14 de abril de 2018, tivo lugar no auditorio de Goián en Tomiño a IV Gala do Deporte de Tomiño. Namesma, Agrudebam a “Agrupación de Deporte Base do Baixo Miño” que organiza o deporte escolar dos centros educativos do Baixo Miño, entre os que se atopa o Ceip Nº2 de Tui, recibiu o premio a “Entidade que colabora co deporte”. Estamos moi agradecidos, xa que por segunda vez se fai un recoñecementoaotraballo dos colexios, Mestr@s, nen@s e familias que o fan posible, e iso danos animos para seguir adiante coas actividades deportivas para @s nen@s dos nososcolexios. Moitas Felicidades a Agrudebam.

                Na mesma gala tamén recibiron recoñecemento moitos deportistas, entre eles queremos destacar a David un antigo alumno do colexio que xogou o ano pasado no F.C. Tomiño Alevín e que foron os gañadores do premio a mellor equipo clasificado. E tamén queremos felicitar a Iker de 6ºA que polasúa gran temporada en Atletismo a tempada 16-17, tivo o seu merecido premio. Noraboa a tod@s.

Podedes atopar máis información en: agrudebam ou en infomiño.

 

 

VISITA A BALAIDOS

 VISITA A BALAÍDOS

 

As nenas e nenos de 4º fumos de visita o Estadio de Balaidos para ver as novas instalacións. Fixéronos unha visita guiada na que puidemos ver os trofeos do Celta de Vigo así como indagar na historia do celtismo. Pasámolo xenial o malo foi que non puidemos pisar o césped pero inda así puidemos tocálo e quedámonos co lema AFOUTEZA E CORAZÓN!

 

 

  

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.

 Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.

PROXECTO ERASMUS +

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui

un colexio Eramus+.

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui participa nun Programa Europeo Eramus+ durante os cursos 2018-2020 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”.
Durante eses dous vindeiros cursos o noso centro, levará a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar que  vai dar a oportunidade de internacionalizarse, cooperar, desenvolver accións de innovación educativa e realizar intercambio de boas prácticas cos outros cinco colexios europeos que colaboran no mesmo proxecto.
Estes colexios son :

  • Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto

  • Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 

  • CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).

  • Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda).

  • Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 

Todos compartiremos formación, experiencias, traballos, talleres, viaxes, etc…Os obxectivos que os seis centros educativos trataremos de levar a cabo en común, traballando dende puntos da xeografía europea diferentes, serán :

Desenvolver a conciencia e actitudes do persoal docente, do alumnado e da comunidade  en xeral, cara a acadar estilos de vida saudables: Potenciar actividades físicas, alimentación saudable e estratexias de saúde menta

Desenvolver as habilidades do alumnado e dos docentes no uso das TIC de forma segura mediante a aprendizaxe colaborativa: Potenciar a colaboración entre as escolas asociadas de forma dixital aprendendo a ser responsable no uso das novas tecnoloxías e máis competente no uso da linguaxe dixital.

Explorar o patrimonio cultural das cidades e países das escolas asociadas no contexto do proxecto: É importante explorar a diversidade dos patrimonios culturais e as tradicións das escolas asociadas, por exemplo, a través dos deportes, do folclore ou das cociñas tradicionais.

Capacitar a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, pais/nais, etc...) profundizando no coidado da súa saúde física e mental e valorando a importancia de facelo: Como cidadáns europeos debemos coñecer os nosos dereitos en materia de saúde e benestar para levar estilos de vida saudables e activos que dean lugar a "promover a fortaleza física e mental".

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que permite impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servicio Español para a internacionalización da Educación) será a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+  do noso centro.

 A encargada  de iniciar o proxecto ”Promovendo un estilo de vida saudable e feliz”  no centro foi Lúa, a mascota da biblioteca. O mes de outubro chegaron ao colexio postais desde diferentes cidades de Europa mandadas por ela. Os días 17 e 18 de outubro  reuniuse  cos nen@s de Infantil e Primaria para presentarlles o proxecto falándolles dos diferentes colexios que van ser os nosos socios e para invitalos a participar nos talleres que estaba preparando. Tamén aproveitou a xornada para inicialos na carreira da “Milla Europea de Lúa”,  baseada na iniciativa das Escolas da Milla, que ten coma obxectivo que o alumnado percorra unha milla diaria como estilo de vida saudable.

O venres 19 de outubro, durante toda a xornada, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Había cinco distintos e foron dirixidos por profesionais de cada temática.

Foron os seguintes:

  • Ecoloxía e Sementes.Nutrición e Hábitos saudable.

  • Actividade Física regular e alimentación adecuada.

  • Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental. 

  • Reciclaxe.

Durante os días 24 e 25 tivo lugar o Magosto coas tradicionais  Xornadas de Xogos populares e a Tradicional Baixada de Carrilanas, festa que nos permite compartir coas escolas socias, a riqueza de xogos e xoguetes de antes que conservamos na nosa zona ao longo dos anos, e  onde o alumnado de 6º foron os encargados de ensinar aos demáis compañeiros estes xogos.

 Durante os días 30 e 31 de outubro,  vanse levar a cabo as actividades do Samaín cun certame de Cociña Terrorífica Saudable, recollida de Receitas terroríficas, Obradoiros de Maquillaxe, Disfraces Terroríficos, etc...

Está previsto que ao longo do primeiro trimestre teñan lugar “Xornadas de Formación” para a comunidade educativa e todas as persoas interesadas. Trataranse temas coma o mindfullness, o control das emocións, a alimentación, a manipulación de alimentos, etc…festividade ancestral de orixe celta que se celebraba na nosa zona.

Isto so é o comezo de numerosas actividades que continuaron no centro, durante todo o curso.… festas da nosa escola que serán mostradas ás escolas socias para que coñezan as nosas costumes, tradicións e a nosa cultura.

 

É unha gran oportunidade de mellorar as competencias do noso alumnado. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Somos 30 centros galegos dun total de 731 de toda España os que participamos no mesmo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas  e colaboradoras.

 



by Dr. Radut