Skip to Content

Monthly archive

VISITA A BALAIDOS

 VISITA A BALAÍDOS

 

As nenas e nenos de 4º fumos de visita o Estadio de Balaidos para ver as novas instalacións. Fixéronos unha visita guiada na que puidemos ver os trofeos do Celta de Vigo así como indagar na historia do celtismo. Pasámolo xenial o malo foi que non puidemos pisar o césped pero inda así puidemos tocálo e quedámonos co lema AFOUTEZA E CORAZÓN!

 

 

  

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.

 Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.

PROXECTO ERASMUS +

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui

un colexio Eramus+.

O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui participa nun Programa Europeo Eramus+ durante os cursos 2018-2020 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”.
Durante eses dous vindeiros cursos o noso centro, levará a cabo unha Asociación Estratéxica Erasmus+KA229 dirixida á educación escolar que  vai dar a oportunidade de internacionalizarse, cooperar, desenvolver accións de innovación educativa e realizar intercambio de boas prácticas cos outros cinco colexios europeos que colaboran no mesmo proxecto.
Estes colexios son :

  • Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto

  • Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 

  • CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).

  • Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda).

  • Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 

Todos compartiremos formación, experiencias, traballos, talleres, viaxes, etc…Os obxectivos que os seis centros educativos trataremos de levar a cabo en común, traballando dende puntos da xeografía europea diferentes, serán :

Desenvolver a conciencia e actitudes do persoal docente, do alumnado e da comunidade  en xeral, cara a acadar estilos de vida saudables: Potenciar actividades físicas, alimentación saudable e estratexias de saúde menta

Desenvolver as habilidades do alumnado e dos docentes no uso das TIC de forma segura mediante a aprendizaxe colaborativa: Potenciar a colaboración entre as escolas asociadas de forma dixital aprendendo a ser responsable no uso das novas tecnoloxías e máis competente no uso da linguaxe dixital.

Explorar o patrimonio cultural das cidades e países das escolas asociadas no contexto do proxecto: É importante explorar a diversidade dos patrimonios culturais e as tradicións das escolas asociadas, por exemplo, a través dos deportes, do folclore ou das cociñas tradicionais.

Capacitar a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, pais/nais, etc...) profundizando no coidado da súa saúde física e mental e valorando a importancia de facelo: Como cidadáns europeos debemos coñecer os nosos dereitos en materia de saúde e benestar para levar estilos de vida saudables e activos que dean lugar a "promover a fortaleza física e mental".

Erasmus+ é o programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que permite impulsar e axudar aos Sistemas de educación, Formación e Xuventude a promover unha ensinanza e aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para acceder ao mercado laboral e a sociedade actual e futura. O Sepie (Servicio Español para a internacionalización da Educación) será a axencia nacional española encargada da xestión, difusión, promoción e estudios de impacto do programa Erasmus+  do noso centro.

 A encargada  de iniciar o proxecto ”Promovendo un estilo de vida saudable e feliz”  no centro foi Lúa, a mascota da biblioteca. O mes de outubro chegaron ao colexio postais desde diferentes cidades de Europa mandadas por ela. Os días 17 e 18 de outubro  reuniuse  cos nen@s de Infantil e Primaria para presentarlles o proxecto falándolles dos diferentes colexios que van ser os nosos socios e para invitalos a participar nos talleres que estaba preparando. Tamén aproveitou a xornada para inicialos na carreira da “Milla Europea de Lúa”,  baseada na iniciativa das Escolas da Milla, que ten coma obxectivo que o alumnado percorra unha milla diaria como estilo de vida saudable.

O venres 19 de outubro, durante toda a xornada, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Había cinco distintos e foron dirixidos por profesionais de cada temática.

Foron os seguintes:

  • Ecoloxía e Sementes.Nutrición e Hábitos saudable.

  • Actividade Física regular e alimentación adecuada.

  • Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental. 

  • Reciclaxe.

Durante os días 24 e 25 tivo lugar o Magosto coas tradicionais  Xornadas de Xogos populares e a Tradicional Baixada de Carrilanas, festa que nos permite compartir coas escolas socias, a riqueza de xogos e xoguetes de antes que conservamos na nosa zona ao longo dos anos, e  onde o alumnado de 6º foron os encargados de ensinar aos demáis compañeiros estes xogos.

 Durante os días 30 e 31 de outubro,  vanse levar a cabo as actividades do Samaín cun certame de Cociña Terrorífica Saudable, recollida de Receitas terroríficas, Obradoiros de Maquillaxe, Disfraces Terroríficos, etc...

Está previsto que ao longo do primeiro trimestre teñan lugar “Xornadas de Formación” para a comunidade educativa e todas as persoas interesadas. Trataranse temas coma o mindfullness, o control das emocións, a alimentación, a manipulación de alimentos, etc…festividade ancestral de orixe celta que se celebraba na nosa zona.

Isto so é o comezo de numerosas actividades que continuaron no centro, durante todo o curso.… festas da nosa escola que serán mostradas ás escolas socias para que coñezan as nosas costumes, tradicións e a nosa cultura.

 

É unha gran oportunidade de mellorar as competencias do noso alumnado. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está moi satisfeito de colaborar neste proxecto europeo. Somos 30 centros galegos dun total de 731 de toda España os que participamos no mesmo. Temos unha gran responsabilidade nas nosas actuacións, pero estamos convencidos de acadar os obxectivos con éxito, axudados por toda a comunidade educativa, a ANPA, o Concello e diversas entidades deportivas  e colaboradoras.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.  Bádminton Curso 17-18

O pasado, martes 6 de febreiro tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton,  da categoría Benxamín e Infantil ( 3º, 4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos alguns momentos do ben que xogaron os nenos e nenas do noso colexio. Recordade que en breve vos deixaremos aquí o listado de clasificados para a final de Tomiño que terá lugar o vindeiro mércores 21 de febrero de 2018.

 

 

Carreira Popular de San Telmo 18

 Carreira Popular de San Telmo 18.

Sábado 7 de Abril 2018 (Tui )       

            O pasado Sábado de San Telmo, día 7 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2018, na Corredeira de Tui. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as inscritos.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 01/02  ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 82/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 82 ás 11:00h), Cadetes e Infantil ( 2330 m nacidos03/04/05/06 ás 11:45h), Alevíns (700 m nacidos 2007/2008 ás 12:00h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2009/2010 ás 12:15h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2011/2012 ás 12:30), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 13/14/15 ás 12:45h).

        Foi unha xornada estupenda, como veredes nas fotos a continuación, con moitisima participación sobre todo nas categorías inferiores. Noraboa a todos os participantes da proba, especialmente os participantes do Ceip Nº2 de Tui. Ademáis queremos aproveitar para dar as gracias á profe Lore e Susi pola súa axuda e colaboración co Deporte no 2.

Carreira VI Corre por Salceda 16

                          CARREIRA VI CORRE POR SALCEDA 16

Dom 6 de Maio 2018 (Concello de Salceda.)

             O Vindeiro domingo, día 6 de Maio de 2018, apartires das 10:30h, vai ter lugar a proba “VI Corre X Salceda” Concello de Salceda. Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Mércores 2 de Maio. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario e as equipacións.

Categorías:  A Carreira das categorías inferiores dará comezo as 12:00h.

 

Categoría A: Nados en 2003, 2004 e 2005 (2.500 metros)

Categoría B: Nados en 2006, 2007 e 2008 (1.000 metros)

Categoría C: Nados en 2009, 2010 e 2011          (500 metros)

Pitufos A: Nados en 2012,2013 e 2014           (150 metros)

Pitufos B: Nados en 2015,2016                  (100 metros)

 

 

Tui en Ruta 18

Tui en Ruta 18.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 67 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o martes 19 e o mércores 20 de Xuño de 2018.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propoñemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 19 de Xuño levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 20 de Xuño  levaríamos a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubriríamos as riquezas histórico-culturales da nosa cidade e remataríamos cunha toma de contacto cos deportes de auga: Piragüísmo.

Grazas ao  Concello de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense do Club Remo Tui, a Gustavo Rodríguez e Aída Valiño e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa especialmente a profe Lore que viu dende Salceda para facer posible esta actividade.

   
     
     

Promoción de Natación

Promoción de Natación.

O pasado Mércores 19 de setembro de 2018, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

Promoting  Swimming

 

Last Wednesday ,19th of September 2018, Juanjo España visited us. Juanjo is a swimming monitor in the pools of Valença and Monçao. He explained in detail how important it is to learn how to swim, it is as important as walking and running, especially when we have the Miño River so close. Thanks you for telling us such interesting things.

I Carreira Nadal Tomiño 2018

I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.

O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.

 

Campeonato Europeo de Balonmano Masculino de 2018

Campeonato Europeo de Balonmano Masculino de 2018

Estase a levar a cabo oXIII Campeonato  Europeo de Balonmano Masculino que se celebra en Croacia entre o 12 e o 28 de Xaneiro de 2018, baixo a organización da Federación Europea de Balonmano (EHF) e da Federación Croata de Balonmano.

16 equipos europeos compiten neste evento polo título europeo, sendo o actual campión de europa Alemania, vencedor do Europeo de 2016.

Queremos desexarlles moita sorte aos Hispanos e podemos seguir os seus partidos en teledeporte ou pinchando aquí.

 



by Dr. Radut