Skip to Content

Monthly archive

Saída a Vigo dos nenos e nenas de 2º de Primaria

 

O mércores 23 de abril  os nenos e nenas de 2º de primaria viaxamos a Vigo .

 A nosa primeira parada foi na Policía Local de Vigo. Alí  coñecemos a "Boli", un policía moi amable que nos explicou cal era o seu traballo e onde traballaba.

                                                                                                  

   
 Aquí estamos na entrada onde estaban os coches e as motos.  Nesta sala están as cámaras que controlan a cidade. Boli explícanos todo e estamos moi atentos.

 

Ao acabar a visita a Policía tivemos un momento de descanso.

 

 

   
 Aquí estamos xogando no parque despois de merendar  Como había música poidemos ata bailar.

 

E despois na mesma praza do Concello participamos nunha actividade da "Campaña Mundial pola Educación". O que tentamos é facer ver a importancia da educación de balde, obrigatoria e pública, sobor de todo en moitas partes do mundo pouco favorecidas.

Entre un montón de colexios fixemos un puzzle xigante. Como decía o lema da Campaña

                                                                          PON A TÚA PEZA! TODAS CONTAN.

   
 Aquí Martín e María están colocando a súa peza.  Agora estamos colocando outra peza que traiamos decorada xa do colexio

 

   
 Despois lemos  desexos de todos nós; que no mundo todos os nenos e nenas poidan ter unha escola, que haxa paz, que os nenos e nenas non teñan que traballar...  Despois o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo falando con nós e fixemos unha foto con él.

                       se queres ver o video preme aquí                    

Para rematar a visita demos unha volta polo Castro. Así poidemos ver a cidade dende arriba

 

 Pasámolo moi ben ainda que viñemos cansados. Xa temos ganas de voltar  outra vez de excursión.

 

Proxecto Valora

 

 O noso centro participa durante este curso e o próximo nun proxecto de Innovación educativa baixo o título " E TI, DE ONDE VES SENDO?

Con este proxecto presentámonos á  convocatoria duns premios, os VALORA,  e tivemos a sorte de que nolo concederan.

E TI, DE ONDE VES SENDO? é un proxecto de Interculturalidade e Paz que nace co obxectivo de promover a  sensibil¡zación entre toda a comunidade educativa en valores que determinen un interese pola educación intercultural e a paz, así como formar cidadáns e cidadás capaces de convivir nunha sociedade cada vez máis multicultural.

Participamos no proxecto a totalidade dos mestres do centro, e para empezar tivemos que ir a Santiago a  unhas xornadas nas que se nos deron unhas charlas. 

 

 

                                    Orde na que publica a concesión do premio

Ao longo destes dous anos realizaremos unha serie de actividades co noso alumnado encamiñadas a coñecer as culturas dos nenos e nenas estranxeiros que temos no cole ( un total de 67 alumnos e alumnas teñen nacionalidade diferente da española), como as de Bulgaría, Ucraína, Marrocos, Portugal, Romanía, Arxentina, Uruguai, Brasil...  así como darlle  a coñecer aos estranxeiros a nosa cultura.

 

 

 

 

Ano Xosé María Álvarez Blázquez

 

Co motivo da dedicación do "Día das Letras Galegas" neste ano 2008 ao tudense Xosé María Álvarez Blázquez o concello declarou este ano como "Ano Xose María Álvarez Blázquez".

Xosé María Álvarez Blázquez nace en Tui o 4 de Febreiro de 1915, fillo do médico Darío Álvarez e de María Blázquez. Vivíu e os seus irmáns en Tui ata 1941 que é cando fusilan ao seu pai e marchan para Vigo. Nesa cidade morre en 1985.

Xosé María foi escritor, tanto de poesía como de novela, investigador ( de historia, literatura...), editor,mestre....

O noso colexio participou na no 1º acto que se organizou. Despois de descubrir unha placa na súa casa natal, fomos ao concello onde houbo un acto de apertura oficial deste ano.

Lois Pereira leu dous poemas do seu libro "Roseira do teu mencer" Carolina Alonso tamén recitou uns versos.

 

Ao acabar fixemos unha foto coa súa familia, os seus fillos e filla.

 

Estes libros gústannos moito

Son moitos os contos e aventuras que podes atopar na biblioteca. Nós recomendámosche algúns pero cando acudas alí,  non dubides en buscar estes e outros.

Se che gustou algún moito contacta con nós e recoméndao a máis nenos e nenas para que todos o lean.

As nosas recomendacións  son:

 

 

ola 

 

Para a Educación Infantil gústanos moito o conto " Ola, son a lúa ! "

 Neste conto a Lúa quere que a coñezas, que xogues con ela a contar as estrelas.  

Escribiuno  e ilustrouno Ánxeles Ferrer e editouno Xerais dentro dunha colección chamada Montaña Encantada.

gaston

 

 

 

 

Se tes de 6 a 8 anos gustaríanos que leras  este conto " O grilo Gastón  "  

 Ao grilo Gastón tróuxoo o mar dende un país lexano. No seu novo fogar todos lle queren  axudar; todos, agás o escarabello Dario que non está disposto a que o griloconviva con eles.

Escribiuno  e ilustrouno Ánxeles Ferrer.

 

 

 

 aiko

  Se estás en 3º ou 4º non deixes de ler este conto  titulado " Aiko " .

Aiko naceu canda a cerdeira do pequeno horto da casa.  A vida leva a seu pai a emigrar a un país máis próspero, pero antes de marchar faille a Aiko unha promesa: cando chegue a primavera  el regresará.  

Escribiuno  e ilustrouno Ánxeles Ferrer  e editouno Xerais.

 salim  

Os  maiores de 10 anos teñen este libro "Selim, el vendedor de alegría". 

 Selim é un pequeno que se dedica a vender alegría aos habitantes da cidade de Estambul.Pero un día desaparece Yazi o seu coello blanco da sorte. Salim coñece entón a Zuffi e xuntos enfrentaranse a un montón de aventuras.

   Está escrito por Jacqueline Cervon e editouno Bruño.

 

 

 

 

 

 

CURSOS DE INICIACIÓN AO SLALOM DE PIRAGÜISMO

Dende a empresa local "ARREPIONS" ofrécennos unha nova  actividade, a  de cursos de iniciación ao slalom. O slalom trátase de unha modalidade olímpica dentro do piragüismo de augas bravas e consiste en facer un percorrido de uns 100 metros pasando unhas portas nun orde establecido, tentando non tocalas. Neste curso do que se trata é  de que dunha maneira lúdica e divertida  melloren a forma física ao tempo que de primeira man se acerquen a natureza coñecendo os ecosistemas.

HORARIO.- venres de 17:00 a 20:00 horas

PRECIO.- 15 euros/mes socios da ANPA

REQUISITOS.- idade mínima de 8 anos e saber nadar.

Arrepións facilita o transporte ao lugar do curso e o material necesario (kayak, pá, chaleco, casco, traxe de neopreno se é necesario e calcetíns de auga ).

 

Campionato Galego de Xogando ao atletismo

 

O pasado xoves 24 de abril,  unha selección de 12 nenos e nenas do colexio viaxamos a Silleda para participar no campionato galego de Atletismo enmarcado no Deporte na Escola. Da zona do Baixo Miño ademáis de nós  tamén estaban os nosos compañeiros dun colexio de Tomiño e outro de Petelos. 

 

 

Pasámolo moi ben pero tamén o fixemos ben; os nenos quedaron en 2º posto na clasificación final e as nenas .... 

 

Xogos tradicionais

O longo deste curso iremos coñecendo unha cantidade de XogosTradicinais cos que xogaban os nosos pais e nais e tamén os avós.

 

inf. felipe  Para empezar os nenos e nenas de 5º C trasladáronse ao recinto do colexio Infante Felipe de Salvaterra de Miño para alí xogar cos  dese colexio e cos  de Pazos de Reis e os de Caldelas. 

Alí coñecemos xogos como o da chave, os bolos, o aro, os zancos, as bolas, a corda, os peóns ...

 rana  chapas salva

Pasámolo moi ben e coñecemos un montón de nenos e nenas.

Despois no centro tamén quixemos seguir con eses xogos para que os coñecesen todos. No mes de Novembro e seguindo o refrán " Polo San Martiño, trompos ao camiño"; os peóns tiveron un recuncho no patio e nos recreos aprendemos a facelo bailar dende os de 1º ata os de 6º. Despois de saber lanzalo  houbo un campionato por niveis.

 pinta trompo  trompo

 

Viaxe a Cabeza de Manzaneda

 

En época de inverno, e como parece que por as terras de Tui non quere nevar nos últimos anos, decidimos facer unha viaxe a terras máis de montaña. E así chegamos a Ourense, a terras de Cabeza de Manzaneda, para pasar unha xornada na neve.

A actividade estivo organizada pola ANPA do Colexio e viaxamos o mesmo día cos nenos e nenas do CEIP Nº 1 de Tui.

   
 Coa neve xogamos e incluso "disparamos".  Que ben o pasamos resbalando co cu pola neve!
   
 Despois de tanto xogar e correr repoñemos forzas.  E aínda tivemos oportunidade de visitar Trives, unha vila típica de montaña.

 

 

 

 

 

Campionato Provincial de Duatlon

 

O pasado domingo día 20 de abril, nenos e nenas do noso colexio participamos no campionato Provincial de Duatlón que se celebrou en Samieira, no concello de Poio. Foi un día de moita chuvia pero aínda así, nós non nos asustamos.

Este era o noso equipo preparándose para a saída Aquí coa bicicleta, tiñamos que facer un gran esforzo porque había unha costa difícil que subir.

A pesar do mal tempo, do duro e longo do recorrido, non podemos quedar mellor; 1º e 3º as nenas e 2º e 3º os nenos. Polo tanto somos equipo gañador Provincial na categoría alevín tanto en masculino coma en feminino.

Xa acabara a carreira e había que repoñer forzas. Aquí posando cos trofeos e medallas.

 

Somos os mellores!!!!!

 

 

 

 

 

modelos do CEIP Nº 2

  Aquí temos os modelos de documentos máis utilizados polas familias por si queren acceder a eles ou imprimilos nalgunha ocasión.

MODELOS

 

HORARIO DE RECOLLIDA DE ALUMNOS/AS

 

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

 

 

RECOLLIDA ALUMNOS/AS

 

 

 SAÍDAS  NA LOCALIDADE

 

 

 

Modelos feitos en pdf. precisas un lector de pdf para imprimilos e leelos.



by Dr. Radut