Skip to Content

Monthly archive

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

LIBRO DE LECTURA

Na fin de semana levan un libriño de lectura para disfrutar en familia. Non é preciso entregalo o luns, pero si, ao longo da semana para que non se acumule co seguinte.

 

 

HORARIOS 2017-18

2ºA

 

 2ºB

 

 

 

CUMPLES

 

Poden traer algunha chuche ou agasallo no día

do seu cumpreanos para repartir cos compañeiros.

 

 

 

El mundo del motor, nuestros ídolos

Marc Márquez e Valentino Rossi dous grandes ídolos do mundo das Motos

Ester de 6ºA, nos achega ao Mundo das Motos Gp. Dous dos seus ídolos Marc Márquez e Valentino Rossi. Aquí vos deixamos a portada de estes 2 fabulosos libros, cheos de imaxes e os seus mellores momentos. Se tedes oportunidade de velos, ides a disfrutar moito dos seus soños, triunfos e paixóns.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu decimocuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 27 de Febreiro de 2015, tivo lugar o decimocuarto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o equipo do Areosa, con victoria dos tudenses 2-3.

Noraboa Campeóns.

 

CONTACONTOS KALANDRAKA

O PASADO MES DE MARZO, VISITOUNOS PACO NOGUEIRAS.

CONTOUNOS UNS CONTOS XENIALES E CANTOUNOS UNHAS CANCIÓNS MOI DIVERTIDAS.

PASÁMOLO XENIAL!!

 

 

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez Subcampeón Galego de Duatlón 2015

Diego Rodríguez, alumno de 5ºC, acaba de proclamarse, Subcampión Galego de Duatlón, co equipo alevín do Club Atletismo Porriño.

O Duatlón é unha proba deportiva que consta de carreira a pé e tamén carreira en bici. 

Os nosos parabéns para este gran equipo por este subcampeonato. E noraboa a Diego, que é un gran deportista.

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Campeonato do Mundo de Marathón 2015 Hungría

Iván Alonso , Enrique Miguez,  Tono Campos, Oscar Graña e Ramón Ferro participaron no Mundial de Marathon 2015 de piragüismo, que tivo lugar en Hungría a pasada semana do 9 ao 13 de Setembro.

Iván Alonso proclámouse 3º na proba individual K-1, cunha merecida medalla de Bronce e acadou o cuarto puesto na proba doble de K-2.

Por outro lado Enrique Miguez que participou  na categoría Veterán acadando o 4º posto na proba individual de C-1 e o 2º posto na proba dobre de C-2 xunto a José Ramón Llueno.

Noraboa Campeóns

Gustavo Rodríguez Subcampeón de España de Triatlón de 2015

Gustavo Rodríguez Subcampeón de España de Triatlón de 2015.

O atleta tudense, Gustavo Rodríguez, proclamouse Subcampeón de España de Triatlón de Longa distancia 2015. Dito campeonato tivo lugar en Ibiza a pasada fin de semana do 25 de Outubro de 2015.

Gustavo non pudo acadar ser Campión, coma na edición de 2014. Pero este segundo posto é un bo resultado, sendo esta a última proba de esta tempada 2015. Agora un merecido descanso e a pensar no ano 2016.

Pinchade aquí para escoitar a súa entrevista no programa de Escoita Deporte.

Noraboa Tavo!!.

A Quinta Futsal alevín comeza os seus partidos de Liga

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou  a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu  encotro de liga. O resultado do partido foi:

A Quinta Futsal-Gondomar Futbol-sala.  0-5

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Ainda que o resultado non foi moi favorable, imos a darlle moitos ánimos para que nas vindeiras xornadas o resultados ao seu favor vaian chegando.

CASTELO DE SOBROSO

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo, visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar.

Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina.

Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.



by Dr. Radut