Skip to Content

Monthly archive

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

Xa temos os resultados do Cross que se levou a cabo o sábado 21 de Novembro no campo da Macoca.

Podedes consultar as distintas clasificacións neste enlace de agrudebam.

http://www.agrudebam.es/21.html

Contarvos que contamos con dúas axudantes excepcionais: Marta e Carla de 6ºB

 

 

Contamos que na edición de Faro de Vigo, na sección Campeóns do Mércores 25 de Novembro, se publicou un especial da nosa proba de Campo a Través, na que  saen todos os participantes do noso colexio.

CASTELO DE SOBROSO

 

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar. Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina. Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos finalmente a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou a final da liga Galega de Baloncesto

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou

a final da liga Galega de Baloncesto.

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado venres día 6 de Febreiro o encontro de ida C.B. Tui- Novobasket Vigo, onde o partido se complicou, perdendo os tudenses 48-99.

O Domingo día 8, levouse a cabo o partido de volta Novobasket Vigo-CBTui onde os tudenses voltaron a perder 76-51.

Despois dunha explendida tempada, este gran equipo conseguiu un segundo lugar que lle da acceso para xogar a final autonómica.

Noraboa Campións.

 

II Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

 

II Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

Mañá, Mércores día 11 de Marzo de 2015, teremos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogaremos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visítannos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.

Os alumnos de 6ºA, seremos os que representemos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºC  seremos os que representemos ao equipo Benxamín. Xogaremos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos son mixtos.

Temos que traer equipación do cole e chandal. 

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

TORNEO EUROCIDADE DE FÚTBOL

TORNEO EUROCIDADE DE FÚTBOL

O pasado 19 e 20 de Setembro, como xa informáramos neste Blog, celebrouse o Torneo Eurocidade de Fútbol 7 con sede en Valença e en Tui.

O campionato comezou o sábado no campo do Valenciano coa presenza de moitos equipos dunha banda e doutra do río.

Moitos dos xogadores eran alumnos do centro que xogan nos equipos da comarca.

Aquí vos deixamos unhas poucas de fotos.

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o II encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o II encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o II encontro da Temporada o pasado fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na II xornada de liga o encontro foi: 
 Tyde F.C.- Salceda F.C.  Resultado 3-1.

Con este resultado, os equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

PROMOCIÓN DE BAILE DEPORTIVO

Promoción de Baile Deportivo.

O pasado Martes, día 17 de Novembro, tivo lugar no noso cole unha xornada  promoción de Baile Deportivo. O mestre Miguel, da Academia Pazos, fixo as delicias dos máis pequenos do noso cole. Os nenos/as de Infantil e Primaria disfrutaron a ritmo de Pasodobre, Salsa, Rock, Merengue e Tango…

Moitas gracias Miguel, por facer que o pasáramos xenial…



by Dr. Radut