Skip to Content

Monthly archive

Día da Paz

O pasado mes de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.

Axel e Carlos, grafiteiros de profesión,fixeron un mural nunha parede do cole , onde o alumnado deixou a súa pegada. Tardaron dous días en rematar o seu traballo.

Aquí vos deixamos o Time-lapse de cómo se fixo.


Todos os nenos e nenas cantaron a canción "Todos queremos un Mundo de Paz"  ( Versión feita polo profe de música Ramiro da canción " Give peace a Chance" de Jonh Lennon).

III CARREIRA 10K SALCEDA

A III Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 3 de Maio de 2015.

As CATEGORÍAS MENORES (ANO 2000 E POSTERIORES) entregarán  1KG DE COMIDA NON PERECEDOIRA, NA ENTREGA NA RECOLLIDA DO DORSAL.

As probas darán comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Categoría A: Nados en 2000, 2001 e 2002 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2003, 2004 e 2005 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2006, 2007 e 2008 (500 metros)
Pitufos: Nados en 2009,2010,2011,2012,2013 (150 metros)

Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual:
Trofeo aos primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, diplomas aos segundos e terceiros por categoría e sexo.
- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Aquí deixámosvos a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o horario da proba.

 

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 18 de Abril de 2015, no Pavillón de Carballal, contra o equipo do Carballal A, o seu Segundo partido de Copa.

Carballal A-C.B. Tui. O resultado non foi favorable ao clube tudense, pero xogaron con moitas gañas e ilusión: 4-1/5-0/5-0/11-4

BOLSAS E AXUDAS

        No BOE do 1 de agosto aparece publicada a Resolución de 24 de xullo pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso académico 2015-2016.

    Poden solicitar estas axudas as alumnas e alumnos que presentan necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta.

      Estas necesidades educativas deben ter sido acreditadas por:

  1.  Departamento de orientación dependente da administración educativa.
  2.  Certificado de discapacidade.

        Os umbrais de renta e patrimonio para poder solicitar estas axudas aparecen na citada Resolución.

       As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formato accesible por internet na dirección www.mecd.gob.es.

        O prazo de presentación remata o 30 de setembro.

 

        Acceso á información do Ministerio de Educación

          

        Acceso á publicación do BOE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As ‘Guerreiras’ gañan a Austria e Bulgaria no Preeuropeo 2016

TRIUNFO DAS GUERREIRAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR CON MÁIS DE TRES MIL PERSOAS NAS GRADAS

Vitoria de España sobre Austria (25:15)  no partido co que se iniciou a fase de clasificación para o Campionato de Europa 2016. No Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Tras este triunfo, o vindeiro domingo as Guerreiras xogarán en Bulgaria o seu segundo compromiso da fase de clasificación. Noraboa!!

O mesmo farían o domingo gañando a Bulgaria 14-39.

Agora será cos Países Baixos con quen se medirán para saber quen seguirá cara ao Campionato Europeo de Balonmán 2016.

Podedes atopar máis información sobre este partido en:

O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a liga de Balonmán Alevín

     
 

 O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a  liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín B do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 1 de Novembro de 2015, no Pavillón de Redondela, contra o equipo da S.A.R. o partido correspondente a liga da competición da Federación Galega de Balonmán

C.B. S.A.R-C.B.Tui O resultado  foi favorable ao equipo Redondelán: 8-4

Neste equipo xogan Lucía, Lucía, Maia e Aya. Imos animalas que de seguro moi pronto chegarán os resultados favorables!!

Deporte en Familia. Circo do Sol

Deporte en Familia

Circo do Sol

Coruña

 22-28 de Decembro 2015

Un bosque fascinante habitado por maravillosas criaturas encantadas.

FUNCIONS Do 22 DE Decembro Ao 28 Decembro DE 2015

 

Atoparedes máis información en : https://www.cirquedusoleil.com/es-ES/shows/varekai/tickets/a-coruna.aspx



by Dr. Radut