Skip to Content

Monthly archive

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 7 de Marzo co Equipo de Ourense. O equipo tudense gañou 80-34.

Noraboa Campións.

Gañadora do Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convocou un concurso no que  participaron varios coles da Agrupación e moitos nenos/as do noso colexio. 

O logo gañador foi o realizado por Sofía Rodríguez Portela de 5ºC do noso cole, gañadora de un chandal e de unha camiseta da Agrupación  Deportiva. Noraboa Sofía!

Así mesmo, o noso cole foi o de maior participación polo que tamén foi gañador de un lote de material deportivo. Noraboa a todos/as nenos/as que participastes.

CONVIVENCIA

RECURSOS PARA DESENVOLVER HABILIDADES DE CONVIVENCIA

       A Obra Social "La Caixa" oferécenos unha serie de recursos para traballar a educación socioemocional, tanto dentro coma fóra das aulas.

       Premendo na imaxe podemos acceder aos mesmos.

 

 

 

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

España Campiona no Campionato Eurbasket 2015

A Selección Española de Baloncesto, proclamouse onte Domingo, 19 de Setembro, Campiona no Campionato Eurobasket 2015.  Neste encontro España gañou 80-63 á Selección de Lituania. Ao gañar o campionato acadou a clasificación para os Xogos Olimpicos que terán lugar o vindeiro 2016 ano, en Río de Xaneiro. Noraboa a estes grandes!!.

Charla sobre a web dinámica do centro

O martes 27 de outubro temos unha pequena charla sobre a web do noso centro.

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto.

O equipo Alevín, do Club Baloncesto Tui, está a xogar a liga regular de baloncesto. Neste equipo xogan Laura C, Adriana, Sara e Marta, do noso cole.

O pasado fin de semana do 15 de Nov, xogaron co equipo do Celta. O resultado non acompañou as xogadoras tudenses, que a ben seguro xogaron de maravilla.

Celta-C.B.Tui. 65-14.

A seguir xogando con ilusión e facendo baloncesto coma a vós vos gusta.

 

Competición Escolar de Bádminton

Competición Escolar de Bádminton

Nas vindeiras semanas dará comezo a competición escolar de Bádminton. Dita competición levarase a cabo no Pav. do Ceip de Randufe en Horario de 17:00h a 19:30h.

Para a Categoría Alevín: 5º e 6º, as Xornadas Clasificatorias serán: o Martes 20 de Xaneiro e o Martes 3 de Febreiro.

Para a Categoría Benxamín: 3º e 4º, as Xornadas Clasificatorias serán: o Martes 27 de Xaneiro e o Martes 10 de Febreiro.

Os nenos/as que se clasifiquen nesta Fase Municipal, xogarán a fase Zonal o Mércores 25 de Febreiro, no Pav. Municipal de Tomiño.

 Se queres descargar a folla de insripción pincha aquí:

Inscripción  Alevín.

Inscripción Benxamín e Infantil .

 

 

I Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui

I Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui

Mañá, Xoves día 22 de Xaneiro de 2015, teremos a I Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogaremos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visítannos, os nosos amigos do Ceip Rebordáns.

Os alumnos de 6ºB, seremos os que representemos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºA  seremos os que representemos ao equipo Benxamín. Xogaremos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos son mixtos.

Temos que traer equipación do cole e chandal. 

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

COMO DESENVOLVER AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES NO FOGAR

         Calendario editado por CAREI Aragón (Centro Aragonés de Recursos para la Educación Inclusiva), con información e actividades para que as familias podan contribuír ao desenvolvemento das intelixencias múltiples.

 

Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convoca un concurso no que poden participar tódolos nen@s do noso cole o Ceip Nº2 de Tui, para a realización dun novo logo da nosa entidade co fin de renovala e para publicala na nosa web no facebook.
 

Todos os participantes deberán cubrir e seguir as instruccións que aparecen marcadas nas bases do concurso. e que aquí tedes adxunto. Así como tamén o modelo no que se debe facer o debuxo.

Nas bases do concurso aparece ben detallado que os participantes que entreguen o seu debuxo, dará autorización para a súa publicación. Asimesmo, que o que resulte gañador terá que entregar o seu orixinal.

Dende a Agrupación Deportiva Baixo Miño animámosvos a participar no concurso para a elaboración dun logo máis moderno da Agrupación para a nosa páxina no FACEBOOK.

Para iso, hai que ter en conta as seguintes bases:

 O traballo que se presenta a concurso consistirá nun debuxo relacionado co DEPORTE e que teña como protagonista a unha mascota (pode ser o que vos queirades animal, ser fantástico, persoa, …)

 Asimesmo o debuxo terá que vir acompañado coa palabra AGRUDEBAN.

 A palabra AGRUDEBAM ten que vir ben lexible e perfilada con rotulador para que poida destacar.

 Todo isto farase no modelo adxunto que podedes descargar e imprimir.

 Dito traballo debe ser orixinal e o máis coidadoso posible na súa elaboración e, ademais, acorde á idade do nen@.

 Cos traballos entregados realizarase un sorteo entre todos os participantes e entregaráselle un agasallo ao gañador ou gañadora e tamén para o colexio ó que pertenza o gañador ou gañadora.

 Ao traballo gañador pediráselle o debuxo orixinal.

 Poderán participar tódolos nen@s de tódolos colexios aos que pertence á nosa Agrupación (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda)

 Todos os traballos presentados a concurso terán autorización do seu autor para ser publicado na nosa páxina web, citando a súa orixe.

Os alumn@s que participedes deberedes entregar o traballo escaneado e envialo ao seguinte correo electrónico: tonyreyan@agrudebam.es con asunto CONCURSO LOGO AGRUDEBAM.

É moi importante que no correo electrónico escribades, de novo, os datos persoais (nome, apelidos, idade, centro no que estuda o nen@ e curso) que figuran no modelo adxunto e que estes veñan ben cumprimentados para poder realizar o sorteo de xeito satisfactorio.

A data límite de entrega será ata o 30 de abril

Animádevos a participar!

A Agrupación Deportiva Baixo Miño

Bases do Concurso podes descargalas aquí.

O modelo que tedes que usar para o voso debuxo podes descargalo aquí



by Dr. Radut