Skip to Content

Monthly archive

CASTELO DE SOBROSO

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo, visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar.

Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina.

Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu duodécimo encontro da Liga 14-15.

O pasado luns día 9 de Febreiro de 2015, tivo lugar o duodécimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no Campo da Madroa en Vigo, e como rival o equipo do Celta B. Un partido a priori moi complicado, polo alto nivel do equipo contrincante, en cambio os xogadores tudenses conseguiron facer un partido de unha gran calidade e ainda perdendo, 5-1, disfrutaron de xogar nunhas expledidas instalacións coma son as da Madroa en Vigo

Noraboa Campeóns.

III Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

III  Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Guillarei de Tui

 O vindeiro Mércores día 25 de Marzo de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levarase a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºA e 4ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

COÑECE O PARQUE AVENTURA DE MARÍN

COÑECES O PARQUE AVENTURA DE MARÍN???

     Débora de 5ºA, invitanos a disfrutar do Parque Aventura de Marín. Este verán 2015, Débora, xunto ao seu irmá Raúl, disfrutaron de un día de aventura, coa súa familia, neste magnífico parque. Aproveitaron para disfrutar, das tirolinas, das pontes colgantes, da escalada, montaron a cabalo e moitas máis cousas. Se tedes oportunidade, non deixedes de visitalo!!.

Nova sesión sobre Drupal

O 24 de novembro volveremos a ter unha sesión sobre "Cómo construir a nosa web entre tod@s!"

A sesión realizarase na sala de informática no horario fixado no taboleiro da sala do profesorado.

II XORNADA DE VOLEI

II XORNADA DE VOLEI EN RANDUFE

O Mércores día 2 de Decembro celebrouse no pavillón de Randufe a II Xornada de Volei. Neste caso so acudiron os equipos alevíns do centro.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada. Para a semana máis xa que se celebrará a final das 2 categorías, benxamín e alevín.

Visita ao Camp Nou de Candela e a súa familia

VISITA AO CAMP NOU

Nas pasadas vacacións de Nadal, fun xunto co resto da miña familia a Barcelona. Entre outros lugares estivemos no Camp Nou, visita obrigada para o meu irmá Gonzalo, afeccionado do Fútbol Club Barcelona.

 Esta é a zona de comentaristas, situada na parte alta do estadio. Dende aquí se ten unha visión privilexiada do terreo de xogo.

 Na sala de prensa fixéronnos unha foto festexando un triunfo do F.C. Barcelona.

Noticia facilitada por Candela Silva Calzado. Xaneiro de 2015.

Gracias a Candela e a súa familia por compartir con nós esta noticia.

 



by Dr. Radut