Skip to Content

CASTELO DE SOBROSO

 

 

Estivemos no castelo de Sobroso. Cando chegamos fixemos unhas pequenas obras de teatro representando a época na que Dona Urraca se escondeu no castelo.

Logo, visitamos algunhas das súas estancias, nunha delas contáronnos a historia do morcego Oracio. Oracio é un morcego que vive nun pozo do castelo, algúns poidémolo ver.

Despois, fixemos un pequeno descanso para merendar.

Continuamos cunha ruta de senderismo polos arredores do castelo recollendo froitos e follas do outono.

Tamén coñecemos o nome de moitas das árbores que alí se atopan. Na nosa ruta atopámonos cunha sobreira, unha árbore moi máxica, abrazámonos a ela para que nos dese moita enerxía para continuar coa nosa andaina.

Contáronnos que o castelo chámase Sobroso porque hai moito moitos anos había moitas sobreiras.

Continuamos a baixada ata o autobús que nos levou de volta ao cole.



page | by Dr. Radut