Skip to Content

Monthly archive

O India Masters escápaselle de entre os dedos a Carolina Marín

Carolina Marín, subcampeona na India tras unha final tremenda.

O pasado luns día 26 de Xaneiro, o Ceip Nº2 de Tui comezaba a semana cunha gran noticia que nos achegaban os nenos de 4º,5ºe 6º. Durante a fin de semana, estiveran seguindo en Teledeporte, bádminton. O Bádminto é a competición que estamos a levar a cabo no 2º Trimestre. E sorprendentemente, descubrimos que na tele, as veces, tamén se poden ver outros deportes que non sexan fútbol. Todos seguiron o partido de Carolina Marín.

A española, e campeona do Mundo de Bádminton, Carolina Marín quedou a un só punto de acadar ser  campiona do Syed Modi India Masters ao cair derrotada en tres agónicos sets  diante de Saina Nehwal por 21-19 23-25 16-21 en 80 minutos de xogo.

Carolina que gañou o primeiro set, tivo nas súas máns 2 puntos de partido para poder gañar o partido. Sen embargo, o triunfo final sería para Saian Nehwal.

Despois de acadar o Subcampeonato do Grand Prix Gold India, Carolina volta a Madrid, para seguir cos seus adestramentes, preparándose, para os vindeiros Campionatos de Europa por equipos mixtos, que terán lugar en Lovaina ( Bélxica) do 11-15 de Febreiro.

http://masdeporte.as.com/masdeporte/2015/01/25/polideportivo/1422185301_339668.html

 

 

UN ENTROIDO DE CINEMA

COMO AUTÉNTICOS ARTISTAS DE HOLLYWOOD SAIMOS Á ESCENA.

CADA AULA DISFRAZADA DAS PERSONAXES DA PELÍCULA QUE ESTÁN TRABALLANDO, CARACTERIZÁMONOS E PASÁMOLO XENIAL.

A CHOIVA NON NOS DEIXOU DESFILAR POR TUI PERO SACAMOS A ALFOMBRA VERMELLA POLO PATIO DA ESCOLA.

BAILAMOS NO SALÓN DE ACTOS E, POR SUPOSTO ,TIVEMOS UNHA MERENDA DE LUXO, ORELLAS E FILLOAS. ESTABAN BOÍSIMAS!.

¡ Á ESCENA!

   
 

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

 

 BÚSQUEDA DE OVOS DE CHOCOLATE
UNHA COELLIÑA MOI ESPECIAL ESCONDEU RIQUÍSIMOS OVOS DE CHOCOLATE POLO PATIO DA ESCOLA, E A BÚSQUEDA FOI TODO UN ÉXITO, NON DEIXARON NINGÚN RECUNCHO POR INSPECCIONAR.
E DESPOIS DA BÚSQUEDA…UMMM A COMER!

NON HAI NENO QUE SE RESISTA AO CHOCOLATE E SE XUNTAMOS CHOCOLATE CON DIVERSIÓN O ÉXITO ESTÁ ASEGURADO.

 

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 25 de Abril de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do S.A.R. C, o seu terceiro partido de Copa.

C.B. Tui-S.A.R C. O resultado  foi favorable ao clube tudense: 8-1/6-1/6-4/7-2.

Noraboa Campións!!

 

As Alumnas do Ceip Nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal practican Deporte en Familia

As Alumnas do Ceip Nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal practican

Deporte en Familia

 

Na World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015



As alumnas do Ceip nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal, de 1º e 5º, foron unhas periodistas de excepción na World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015.
Os seus pais Carlos Juncal e Mónica Cordo, participaron dende o 10 ao 13 de Setembro en Bélxica, no Campionato Master de Remo, na categoría Catro Scull mixta, na que xunto a eles tamén remaron Auri e Manu. Carlos ademáis tamén participou noutras embarcacións con grandes éxitos.
A nosa Noraboa a esta familia de deportistas, que fan do seu deporte, un camiño a seguir para as  nosas alumnas.

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín B do Clube Balonmán Tui, comezou a temporada a fin de semana do 7 de Novembro de 2015. O partido foi C.B. Tui- Lavadores, con resultado favorable para o equipo tudense de 13-7. Neste equipo xogan Maia, Lucía, Lucía e Aya.

Noraboa por este gran comezo de liga.

 

Deporte en Familia. Perlim Oporto

Perlim (Oporto)

Unha Quinta de Sonhos

Un parque de ocio de Nadal

Pelim é unha Quinta de Sonhos, un parque de ocio de Nadal, que temos moi pertiño de Tui, atópase en Oporto, para o que os máis pequenos disfrute, xoguen e vivan a máxia do nadal...

Aquí atoparedes máis información: http://www.perlim.pt/

Acertijo

'A la reina se le ha caido un pendiente en una taza de café y cuando lo ha sacado estaba seco ¿Por qué está seco?



by Dr. Radut