Skip to Content

Monthly archive

O NOSO CENTRO GAÑADOR DO CONCURSO DE PANXOLIÑAS

 

O pasado 4 de Xaneiro o noso CORO participou no Concurso de Panxoliñas que organizaba a Catedral de Tui.

En total participaban 5 grupos cada un con 3 panxoliñas. Sen lugar a dudas o máis numeroso era noso con 75 membros no Coro.

   

 

 

 

A verdade é que había moita xente a vernos, os papás e mamás, os avós, os padriños.... tanto público ata nos puxo un pouco nerviosos, pero a profe Marta ensaiara tanto con nós, e o profe Óscar tamén nos axudou coa guitarra que o resultado foi estupendo, saíunos moi ben.

Cando chegou o momento en que o xurado deu o resultado do Concurso estabamos impacientes, pero a alegría estallou cando dixeron que

O CEIP Nº 2  ERA O GAÑADOR!!!!!

Estamos moi contentos, aínda que o importante é participar estamos encantados de gañar, seguro que nos da forza para seguir ensaiando co coro.

BRAVO POLA PROFE MARTA QUE ESTIVO ENSAIANDO TANTO CON NÓS!!!!!

 

 

Cos cartos que conseguimos do premio fixemos unha grande chocolatada para todos os nenos/as do centro, chocotate quente e biscoitos nunha mañá moi fría para os 480 nenos e nenas e tamén para os profes.

   

 Primeiro preparamos entre todos/as os biscoitos e mais a mesa.

 

   

Despois pasamos pola mesa a recoller o noso chocolate e mais os biscoitos.

 

 Saímos ao patio a comelos, que bos estaban así quentiño co fría que facía.

 

 

 

A GRIPE A

             Coa chegada do novo  curso temos como novidade a posibilidade da presenza da Gripe A nas nosas aulas.

     Por iso temos que tomar unha serie de precaucións que os nosos mestres/as nos explican cada día: lavar as mans con xabón, tusir no cóbado, tirar os papeis de sonarnos nun recipiente que estea pechado...                

                                                                                                                                   

    Nós atendemos e cumprimos para non poñernos malos. Se nos poñemos temos que estar 5 días na casa para non contaxiar aos nosos compañeiros/as.      

                                                                                            

 

                                  Se queres saber máis preme aquí!!!

 

 

 

 

 

 

Os nosos colegas de Redondela

 

     Para coñecer en persoa a eses nosos amigos/as de Redondela cos que nos carteamos dende o curso pasado, o 13 de febreiro viñeron a visitarnos a Tui. 

   
 Aquí estamos os dous colexios nos xardíns  Tamén fomos a ver a Catedral.

 Tamén visitamos ao concello e alí recibiunos o Señor Alcalde da Cidade. Aquí estamos no Salón de Plenos.

 

     Pouco despois, o pasado xoves 5 de Marzo e  como resposta da visita que eles nos fixeran a nós o 13 de febreiro, os nenos e nenas de 4º visitamos o colexio " Santa Mariña" de Redondela.

      Alí estivemos cos nosos amigos e amigas redondeláns cos que nos carteamos dende hai 2 anos.

Primeiro visitamos o seu colexio.

   
 Alí está a profe Marelia que estivo antes no noso cole.       E un cole novo e moi bonito

 

Despios fomos a visitar Rodondela.

 

   
 Coñecemos o seu concello.  E recibiunos o señor Alcalde para darnos a benvida.

 

 

   
 Tamén demos un paseo polo pobo....  ...e explicáronnos moitas cousas. 

 

 Pasámolo moi ben, esperamos seguir en contacto con estes nosos amigos.

 

 

 

Balonmán

     Como outros anos, o noso Centro participa na competición de Balonmán con unha chea de colexios de Tui e de concellos cercanos.

     Coa axuda dos monitores do Clube Balonmano Tui, entrenamos todas as semanas, para despois nas competicións poder facer un bo partido.

 

Aquí estamos algúns de nós, con Diego o noso monitor do Clube.

 

Aquí estamos en pleno partido co equipo do CEIP Nº 1, unha xornada de Balonmán na que participamos.

      Nas vacacións de Semana Santa houbo unha Xornada de Competición Escolar de Balonmán. Nese día a Directiva do Clube Balonmán Tui retou  aos profes de Educación Fisica dos colexios que participaban na Xornada a un partido.

Aquí están os dous equipos posando. Gañaron os profes, parece que están en forma.

 

 

Cross Zonal en Tomiño

 

O pasado 13 de Decembro celebrouse o Cross Zonal que este ano foi en Tomiño e que organiza como en anos anteriores a Agrupación Deportiva Baixo Miño. O noso Centro como sempre alí estabamos preparados para todo.

O día non acompañou, xa que non parou a chuvia  durante toda a xornada. A pesar diso, acudiron moitos nenos e nenas ao Cross.

   
 Aquí está a profe Bea preparando o recorrido a día anterior. Conta coa axuda de Martín de Salceda que coas ferramentas que trae debe de traballlar ben  Aquí xa no día da carreira estamos esperando que nos toque correr dentro do pabellón porque fora chove moito.

   
   
   
   

                                                                                                           

  A chuvia non parou en ningún momento da carreira, pero a pesar diso os nosos nenos e nenas non se asustaron.

Aínda que o fixemos moi ben todos e  todas, algúns do nosos  alumnos conseguiron subir ao podium.

   
 Iván Carnero chegou terceiro na meta.  Manuel Rosada tamén conseguiu a medalla de bronce.
   
   

 Madhi chegou segundo a meta e obtivo a medalla de prata.

 

Dende esta páxina seguiremos informando de todos os eventos deportivos nos que participemos.

Se queredes ver mais fotos do cross podedes visitar

páxina web de agrudebam

 

Colaboración coa ONG "Educación Sen Fronteiras"

 

 O noso Centro colabora coa ONG "EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS",   dende o curso 2007/8 na súa CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (CME).

A súa labor vai encamiñada ae concienciación da importancia da Educación no mundo como un dereito humano básico, ao tempo de facer unha presión  sobre os gobernos para que cumpra as promesas en prover no mundo unha educación básica de balde, obrigatoria e pública en todas as persoas en particular na infancia, as mulleres e os factores desfavorecidos da sociedade.

O ano 2008 participamos no seu acto en Vigo, co lema "Pon a túa peza! Todas Contan", no que aportamos dúas pezas dun puzzle xigante no que reflexábamos os nosos desexos para todo o mundo.

 

   
 Aquí Aldara está lendo un anaco dun manifesto conxunto  Estamos colocando a nosa peza no puzzle xigante que entre todos os coles construímos.

 

Ata fixemos unha foto co alcalde de Vigo que tamén estaba alí no acto.

 

No ano 2009, tamén participamos con eles. Este ano o tema é a importancia da alfabetización xeral do mundo. Co lema "Abre un libro, Abre o Mundo"

 

   Primeiro tivemos no centro unha exposición itinerante sobre a importancia da alfabetización do mundo.

   O día 23 de Abril  e coincidindo coa celebración do Día do Libro, asistimos ao acto cental, organizado para celebrar a Campaña Mundial pola Educación deste ano que, como xa dixemos, este ano estaba adicado á importancia da alfabetización no mundo.

      Nesta ocasión os nenos e  nenas de 5º son os encargados de representar ao noso centro nesta xornada.

       Alí  lemos un conto que fixemos na clase anteriormente, e que tiña como argumento ese tema.

 

   
 Aquí está Paco o responsable de Educación sen Fronteiras.  Julio e Rosalía len o conto para todos os asistentes

 

  

     Aquí estamos todos escoitando as historias  que nos contaron os demáis coles asistentes. Gustáronnos moito, un que contou Antonio, un xitano xa maior, no que escribira  a súa vida nun conto, agora que está aprendendo a ler e a escribir; ou unha poesía que escribira unha avoa que  de maior vai a escola xa que de nena non poidera ir.

Ademáis, os nenos do Centro de Educación Especial de San Rafael  explicaronnos con gran entusiasmo que xa sabían ler palabras, algo para eles de gran importancia e do que estaban moi orgullosos.

Foi un acto moi emotivo e que chegou ao corazón dos nosos nenos e nenas.

Esperamos seguir colaborando nos vindeiros cursos nesta campaña.

 

Fútbol sala

 

O fútbol tamén ten o seu lugar nas competicións escolares.

Os nosos equipos tiveron sortes diferentes. O equipo de benxamíns tivo unha grande campaña. Os demáis, alegrías e penas, según o día.

   
 O noso equipo infantil.  O alevín ao completo.

 

Gala do Deporte Galego

O pasado venres 28 de Novembro celebrouse a Gala para a entrega dos Premios Nacionais do Deporte Galego en Pontevedra.

 Alí estaban para entregar os premios todos os deportistas galegos que estiveron nas Olimpiadas de Pekín. Entre os galardonados estaba un ex alumno do noso centro, Jairo Pérez Calvo que obtivera unha medalla de ouro no último Campeonato de España de Actividades Subacuáticas.

 

 En esta foto están representantes de Agrudebam que asistiron a esta gala co Xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra D. Jesús Besteiro.

 

Plan PROA

 

 

    Dende o curso 2007/8 o noso centro desenrola un proxecto pioneiro en Galicia, o plan PROA.

           O PROA, Plan de Roforzo, Orientación e Apoio, ten como obxectivos fundamentais incidir na mellora da aprendizaxe, na motivación do alumnado e nunha maior implicación das familias no proceso educativo.

            Está dirixido a alumnos de 5º e 6º que teñen dificultades para acadar os obxectivos da etapa debido fundamentalmente a carencias relacionadas con técnicas de estudio, planificación do seu tempo, dificultades coas técnicas instrumentais, etc.

          As actividades que se desenrolan van encamiñadas a apoiar a adquisición das destrezas básicas, as técnicas de estudio, a autoestima...

        Un obxectivo tamén claro e fomentar a convivencia escolar,  e para iso actividades subvencionadas como a de comer todos xuntos no comedor do centro unha vez ao mes.

        A aplicación deste proxecto realízase fora do horario escolar, dúas tardes para cada un dos cursos, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

        En total uns 30 nenos/as acuden ao centro, e para que como temos alumnado que se despraza en autobús, o proxecto subvenciona o transporte gratuito todas as tardes.

 

   
 Aquí están os do grupo de 6º.  Facemos actividades de moitos tipos. Aquí coa pizarra dixital.

 

 

   
 A aula de informática tamén a utilizamos moitos días.  Ou a biblioteca como este grupo de  5º.

 

 

Visita ao Clube de Remo

 

   Os alumnos/as de 6º visitamos o Clube de Remo de Tui. Marchamos paseando pola beira do río ata chegar as súas instalacións. Alí ensináronnos moitas cousas, os barcos, o ximnasio, un video de competicións, e ata medaias e copas conseguidas polos campións que o clube tivo ao longo da historia.

Aquí estamos un grupo diante das instalacións.
   
 Visitamos o seu ximnasio e explicáronnos para que serven os aparatos.  Ata nos deixaron probar os bancos de remo.

 

 

 

   
 Despois acudimos ao galpón onde están os barcos.  Alí comprobamos o grandes que son os barcos para 8 remeiros.

 

 



by Dr. Radut