Skip to Content

Monthly archive

CLUB BALONMÁN TUI

     O equipo alevín do Club balonmán Tui, no que xogan varios nenos/as do Ceip nº2 de Tui: Adrián, Saúl, Iago, Xabi, Diego.l. remata a primeira fase da liga galega nos primeiros postos da táboa e clasificase para xogar a seguinte fase.


     Aquí podedes ver algunhas das súas fotos dos mellores partidos. Noraboa!

 
 
 

CLUB DE PATINAXE

     O club de Patinaxe Ribex de Tui,

clasificado para o campionato de Europa

 

         O Club de patinaxe Ribex de Tui, que ven de participar o pasado fin de semana 1 e 2 de Marzo no Campionato de España, acadou a Clasificación para participar no vindeiro Campionato de Europa, que terá lugar en Italia o vindeiro 26 e 27 de Xuño.

    Un gran éxito das patinadoras tudenses que ven acadado o seu soño de participar nuns campionatos europeos. Os nosos parabéns ao equipo e especialmente a aquelas que foron alumnas do noso centro.

     Deixámosvos o enlace ao programa de Escoita Deporte, onde Justi Peixoto entrevista a súa adestradora Carolina Figueroa.

 

Programa 40.- Entrevista a Carolina Figueroa, adestradora do Club Patinaxe Ribex de Tui que veñen de logar a clasificación para o Campionato de Europa.

 

http://www.goear.com/listen/5c07da4/programa-40-carolina-figueroa-escoita-deporte-rmt

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTOS URBANOS 2014

 

          COÑECE AS CONDICIÓNS XERAIS PREMENDO aquí.

          SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

 

RESUMO LOMCE

     A Editorial Santillana preséntanos esta publicación, en formato de libro dixital, na que nos mostra os elementos máis significativos da nova Lei: estruturación das etapas educativas, calendario de implantación, áreas, avaliación...

Resumen LOMCE 2014

Campeonato Escolar de Campo a Través Tomiño

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Tamén podedes atopar máis información sobre os circuitos e a proba en: www.agrudebam.es

Para descargar a folla de inscripción pincha aquí

 

QUE VIVA O MAGOSTO!

XOGOS TRADICIONAIS, CANCIÓNS, CASTAÑAS ASADAS E O QUE NON PODE FALTAR EN NINGÚN MAGOSTO, CARAS PINTADAS COA CINZA DAS FOGUEIRAS, PASÁMOLO XENIAL!!!
PRIMEIRO FIXEMOS UN PERCORRIDO POR ESES XOGOS QUE PERDURAN NO TEMPO, OS XOGOS POPULARES:
                      

COMECASTAÑAS 
  CHAPAS 
CARREIRA DE SACOS  
CASTELOS CON CAROZOS 
 
CARREIRA CON CULLER  
A CASTAÑA POR DETRÁS  
AROS
 
BOLOS 
 
PARACAÍDAS
 

                                                                    
                                                                                                                                       
A CONTINUACIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE CANTAMOS UNHA CANCIÓN      

                  



DESPOIS DE TANTO XOGAR E CANTAR TEMOS UNHA FAME…ASÍ QUE A COMER CASTAÑAS LUCINDO O PRECIOSO RECIPIENTE QUE OS NENOS FIXERON NAS AULAS

 



COA BARRIGA CHEA XA TEMOS OUTRA VEZ GANAS DE XOGOAR, CORRE, CORRE QUE TE PILLO, PINTAMOS A CARA, ESTAMOS GUAPÍSIMOS


XA VOS AVISAMOS QUE NO COLE PASÁMOLO XENIAL



by Dr. Radut