Skip to Content

Monthly archive

Campionato de Loita Curso 17-18 Mércores 28 de Marzo de 2018

 Campionato Escolar de Loita

Curso 17-18

Mércores 28de Marzo de 2018

O vindeiro mércores, día 28 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui a xornada de Loita que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 4ºA e 4ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

 Esta actividade está organizada pola a Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, e o Concello de Tui. A proba terá lugar nas instalación nas instalación do Pavillón Vello de Tui e  os centros educativos participantes serán Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Nº2 de Tui e Ceip Nº1 de Tui, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 125 neno/as. As probas que se levaran a cabo son xogos de iniciación aos deportes de Agarre, dinámicas divertidas onde todo o alumnado tomará contacto e experimentará os deportes de Loita. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 4º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto cos deportes de agarre, Loita e defensa persoal. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade.

 

 

Día Mundial da Bicicleta

Día Mundial da Bicicleta

19 Abril 2018

Tódolos anos, o 19 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Bicicleta coa finalidade de promover o uso de este medio de transporte, chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas e destacar os seus beneficios para a saúde e para a movilidade sostible.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vos animedes a disfrutar das vosas bicicletas coas vosas familias e que animan a moitos ciclistas a subirse cada fin de semana á súa bicicleta. GuiñoGuiño

 

 

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

Esta fin de semana disputouse a final do campeonato galego de trainerillas en Meira.  Alzouse coa victoria o equipo San Bartolomeu de Vigo. A nosa  noraboa!! 

 

 

V Torneo Eurocidade de Tenis do Club Tenis Tui

V torneo eurocidade de tenis do Club Tenis Tui

O  pasado sábado 29 de setembro de 2018, tivo lugar a final do V Torneo Eurocidade de Tenis do Club Tenis Tui en Areas. Sergio de  6ºB un gran xogador de Tenis e xogador do Club Tenis Tui cóntanos que: "non xoguei na final, porque perdín antes. Pero cando quedou unha pista libre xogei un rei de pista de dous contra varios nenos.Paseino xenial!". Moitas grazasSegio por compartir con nós o teu gusto polo tenis e animar aos nen@s do colexio a que se animen a probalo.

Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas  escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme nas letras que teis a continuación para cubrir a enquisa.

Enquisa en Español Enquisa en Inglés
 

Tamén podedes cubrir a enquisa facendo uso do código QR da mesma.

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 17-18

 O Vindeiro martes día 16 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, que terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 16:30h a 19:30h. Aquí vos deixamos o calendario de competición que como veredes comeza coa competición Alevín o martes 16, e seguirá coa competición Benxamín e Infantil o martes 23. Animamos a todos os nenos e nenas de 3º a 6º a participar.

A autorización da Categoría Alevín podedes descargala aquí.

autorización da Categoría Benxamín e Infantil podedes descargala aquí.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR

 

Bádminton Curso 17-18

O vindeiro mércores 21 de Febreiro terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. O autobús sairá ás 15:50h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 17 de Febreiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de Porriño , na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: Porriño-C.B.Tui: 3-12/1-9/4-4/2-10

Gran partido das guerreiras tudenses que colleitaron unha gran victoria.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Nº1 de Tui Curso 17-18 xoves día 26 de abril de 2018

DEPORTE ESCOLAR

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Nº1 de Tui

Curso 17-18

xoves día 26 de abril de 2018

 

O pasado xoves día 26 de abril de 2018  tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Nº1. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºC, 4ºA. Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos na xornada, darlle as grazas aos compañeiros do Ceip Nº1 de Tui por facer posible que disfrutaramos dunha mañá de deporte inolvidable.

PROMOCIÓN DE BÁDMINTON

Promoción de Bádminton

O pasado Xoves 13 de setembro, estiveron con nós Marisa, Javier e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contaronnos moitas cousas interesantes de bádminton e invitaronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

Promoting  Badminton

 

Last Thursday, September 13th, Marisa, Javier and Jonathan from Badminton Club were with us. They told us many interesting things about badminton and invited us to practice it whenever we want in their club. Thank you very much.

 



by Dr. Radut