Skip to Content

Monthly archive

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño 13 de Maio de 2018

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño

 

13 de Maio de 2018

O pasado Domingo  día 13 de  Maio 18, pola mañá, tivo lugar a “XIII Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2003 ata o ano 2015. Fomos 22 nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui os que participamos na mesma, o que fixo que nos concederán o 3 premio en número de participantes, ademáis tódolos participantes tivemos medalla e varios, tamén tivemos trofeo . Noraboa a todos por animarvos a participar.

 

 

 

Menús 2018/19

 

PINCHA ENRIBA DAS IMAXES PARA VER OS MENÚS DE COMEDOR

 

 

                                    

  SETEMBRO

   FEBREIRO                

 

  OUTUBRO    

   MARZO

   NOVEMBRO

   ABRIL

 

   DECEMBRO

  MAIO

   XANEIRO

   XUÑO

Deporte en Tui .CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 10 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo PorriñoB. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Porriño B: 7-3/2-4/2-6/5-5

Moi bo partido, ainda que o equipo de Porriño foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.

Final galega do equipo Alevín Masculino do Clube Baloncesto Tui

 

Final galega do equipo Alevín Masculino do Clube Baloncesto Tui

O pasado sábado 26 de maio o equipo Alevín Masculino do CB Tui, ao que pertencen tres alumnos de 5º do CEIP Nº 2 de Tui, Iago, Asier e Antón, xogaron a final galega na Estrada contra o Obradoiro.

 

A pesar de comezar gañando e chegar ao descanso empatados a 32 puntos, non lograron facerse coa vitoria, pero loitaron coma campións.

 

Noraboa rapaces!

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

 

         DEPORTE ESCOLAR.

      Bádminton Curso 17-18

Hoxe martes 6 de febreiro terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton, a da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Andaina de San Telmo 18

Andaina de San Telmo 2018

Sábado 7 Abril 2018

Palco da Corredoira de Tui

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 Km, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As inscricións están abertas, a través da páxina web do Club Andatui Rego da Pedra, en http://www.andatui.es/andainas-saudables-eurocidade/.

Nesta edición, a andaina será gratuíta ao entrar dentro da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola CPCJ de Valença e o Concello de Tui, onde o obxectivo primordial desta campaña e concienciar á comunidade da importancia da prevención dos malos tratos na infancia e para a valorización dos nenos en canto suxeitos de pleno dereito. Por isto, se pide que os participantes acudan cunha prenda de cor azul.

Poden atopar máis información en Infomiño.

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

O vindeiro,  Mércores día 2 de Maio,  vai ter lugar a  Xornada Final  da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes clasificados terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí en Agrudebam atoparedes as follas de clasificados para a final.

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO

     Publicación da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados).

          Esta guía recolle pautas, consellos e testemuños que nos axudarán a comprender mellor ás persoas con TDAH.

 

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 23 de outubro os nosos deportistas xogaron, a primeira xornada contra o equipo de Bueu. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Bueu-C.B.Tui: 3-6/2-6/5-5/3-5

Moi bo partido, no que o equipo tudense xogou moi ben e ademáis gañou. Noraboa.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

luns  día 17 de decembro de 2018

 O vindeiro luns día 17  de decembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 3ºA, 5ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.



by Dr. Radut