Skip to Content

Monthly archive

ESTE ENTROIDO PASÁMOLO DE MEDO

 Xa chegou  o Entroido as rúas de Tui e tamén ao noso centro.

Este ano demos moito medo. Houbos que se asustaron e houbos que non, pero todos o pasamos moi ben. 

Estes son uns zombis de 5 anos paseando pola corredoira. Os de 3 anos quedáronse nos ósos.
Estas pantasmas de 1º pretenden asustar a todo o mundo. Estes góticos e góticas son de 2º.
 
En calquer conto de medo ten que haber bruxas, aínda que as nosas  de 4º estaban moi guapas e guapos. Os bonecos diabólicos sempre deron moito medo. Os nosos eran de 3º.
Estes chupasangres son de 5º e parecen sedentos. E vistes algunha vez demos do inferno tan guapos e guapas.

 E tamén estaban eses moteros tan terribles como son "os Anxos do Inferno". O noso director iba en bicicleta que a gasolina está moi cara e hai que aforrar.

               FAI CLICK NO SEGUINTE ENLACE SE QUERES VER FOTOS             http://www.slide.com/r/uJxiMkQs7D-bzLe7qHB2jC3YNHAuQao_?previous_view=mscd_embedded_url&view=original 

HORARIO BIBLIOTECA

HORARIO DE PRÉSTAMOS

Durante o recreo a biblioteca estará aberta para a lectura libre, o préstamo de libros, realización de traballos, consulta  e estudio.


HORARIO DOS GRUPOS CLASE (SESIÓNS  DE TRABALLO)

Cada grupo clase ten asinada  unha hora de biblioteca para realizar actividades de animación á lectura e para facer diversas investigacións.


HORARIO NON LECTIVO (TARDES)

A biblioteca do centro funcionará de luns a venres de 16:00 a 18:00 horas como servizo de préstamo, sala de lectura, lugar de estudo persoal, de realización de traballos e para buscar información. Nesta banda horaria tamén poden acudir as familias, ben a ler a prensa ou a colaborar cos seus fillos.

O profesor de garda velará polo cumprimento das normas.

LETRAS GALEGAS

Na semana do 16 ao 20 de maio realizamos unha serie de actividades co motivo da celebración das LETRAS GALEGAS.

 

Neste curso o autor homenaxeado foi LOIS PEREIRO. Cada titor/a traballouno cos seus nen@s nas súas aulas de diferente forma.

 

En Educación Infantil, por exemplo, traballouse a través do manexo do encerado dixital interactivo.

 

O día 18 de maio tivo lugar a xornada da VELLA ESCOLA, onde os titores e especialistas dramatizaron como eran os mestres daquela cos seus alumnos nas dúas primerias sesións e na terceira sesión os avós dos nen@s asisitiron ás aulas para contarnos como era a Escola na súa infancia:

 

Que libros tiveron? Que pasaba se comportaban mal? Como ían vestidos naquela época? (....)

 

 

Deste xeito, os nen@s dábanse conta do ben que están agora na escola e do que padeceron os seus avós.

 

 

E algún que outro avó probou un recurso moi moderno que non tivo no seu día e que os netos gozan: O ENCERADO DIXITAL.

 

Ao rematar a charla, os avós acudiron ao cuberto ximnasio para a DEGUSTACIÓN DE POSTRES galaico-portugueses.

                       

 

A continuación,  os nen@s bailaron para os avós, delitándoos co BAIAO e coa MUÑEIRA.  E para rematar, os maiores tocaron panderetas e gaitas.

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DOS AVÓS


 

 

Para ver máis fotos preme GALERÍA

 

 

O último día de dita semana realizouse outra actividade: O LIBRO VIAXEIRO


 

 

 Os nen@s de Tui saíron o venres día 20 de maio polas rúas de Tui cos seus mestres para deixar un libro por curso ou nivel diferentes lugares da nosa vila (no ximnasio da rúa Coengo Valiño, no pavillón novo, na praza de San Bartolomeu, (...)).Dito libro ía nun cartafol de plástico cunha folla explicativa dentro no que se especifica en que consiste a actividade e quen o atope convídaselle a realizar un traballo sobre o conto: de plástica, bibliográfico, de debuxo, redacción, poesía....

Unha vez lido e traballado, a persoa que o atopase deberá deixalo libre noutro recuncho que outr@ nen@ poida coller, ben sexa en Tui ou nos arredores, xa que a finalidade é que pase de man en man , fomentando o uso da lingua

 

            

 

Ditos traballos entréganse na Biblioteca de Tui ou no noso CEIP co seu NOME, IDADE, NÚMERO DE TELÉFONO.

 

 


CAMPIÓNS TUDENSES

O pasado luns 21 de outubro os nen@s de 1º ciclo de Ed. Primaria e de Infantil fomos ao pavillón vello xunto con nen@s doutros coles a recibir e homenaxear ós dous nosos campións do mundo en piragüismo e maratón. Trátanse de Manu Garrido e Iván Alonso.

 

Manu Garrido, campión do mundo de piragüismo en Singapur          Iván Alonso, 5º clasificado do mundo de maratón

 

Recibiron a visita do alcalde de Tui, que tamén os felicitou.

Entregáronnos tarxetas deles e moitos conseguimos que nola firmarán do seu puño e letra.

    

Preme aquí para ver máis fotos

Educación infantil. Curso 2011-2012

                                                                                          


 


 


Neste presente curso 2011-2012, na Educación Infantil contamos con seis cursos ou unidades, dous por nivel:



  • Cursos 4º EI

Alumnado do curso de 4º EI A:  22


(Titora - Helena Tojeiro García)



 


Alumnado do curso de 4º EI B:  24 


(Titoras - María Díaz Rodríguez e Mª Cruz Gómez Álvarez)




  • Cursos 5º EI

 


Alumnado do curso de 5º EI A:  25 


(Titora - Rita Beatriz Gómez Martínez)





Alumnado do curso de 5º EI B:  25


(Titora - Lucía Martínez González)



 



  • Cursos 6º EI

Alumnado do curso de 6º EI A: 18


(Titora - Verónica Grela Frade)


 


 


 Alumnado do curso de 6º EI B:  22 


(Titora - Beatriz Barandela Vila)


 


 


 



NORMAS BIBLIOTECA ESCOLAR

 

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

-Gardar silencio ou falar moi baixo para non molestar a quen alí se encontre.

-Andar a modiño.

-Non levar bebidas nin alimentos.

-Respectar os materiais.

-Utilizar os marcadores correctamente para evitar descolocar os diversos materiais.

-Non se poderá sacar ningún material da biblioteca se non se anota o préstamo no ordenador.

-Devolver o material no prazo indicado ou facer unha renovación de préstamo.

-Os mestres e mestras poderán coller os materiais que precisen, previa anotación do préstamo, ben para uso particular ou como biblioteca de aula.

-Os dicionarios e enciclopedias non se prestarán.

-Os materiais prestados deben devolverse no mesmo estado no que se sacaron.

-As encargadas e encargados deben ser puntuais e non faltar a súa quenda.

-As encargadas e encargados deben estar identificados. É obriga de todas e todos o coidado do material, así como manter a biblioteca limpa e ordenada.

-Tres ordenadores da biblioteca serán para tarefas escolares do alumnado.

-Deixar todo ordenado antes de saír.

 

NOVAS PARA O VINDEIRO CURSO 2011/12

 

SAIU A CONVOCATORIA DE AXUDA PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDACTICO PARA ALUMNADO MATRICULADO EN 1º, 2º, 5º, E 6º DE PRIMARIA (GRATUIDADE SOLIDARIA)                    Preme aquí e terás toda a información

  

PARA OS NENOS/AS QUE PARA O CURSO QUE VEN ESTÉN EN 3º E 4º HAI UNHA AXUDA PARA MERCAR O LIBRO DE MATEMÁTICAS QUE É O ÚNICO  NOVO PORQUE PASA A SER EN CASTELÁN. OS DEMÁIS LIBROS SON DE PRÉSTAMO DO COLEXIO.

                                         Preme aquí para ter información desa nova

  Despois de presentar a solicitude na Secretaría do Centro terán que pasar a recoller o vale para levar a librería. Estes vales pódense recoller nestas datas:

  • Se presentan a solicitude antes do venres 10 de xuño.- recollen o vale a partires do mércores 15 de xuño.
  • Se presentan a solicitude antes do venres 17 de xuño.- recollen o vale a partires do xoves 23 de xuño.
  • Se presentan a solicitude antes do venres 24 de xuño.- recollen o vale a partires do xoves 29 de xuño.
  • Se presentan a solicitude a partires do luns 27 de xuño.- recollen o vale ata o xoves 30 de xuño.

 No caso de non recoller o vale antes do 30 de xuño entregaranse a partir do 1 de setembro.

 

TAMÉN SAÍU O CALENDARIO PARA O NOVO CURSO ESCOLAR 2011-12.

                                         Aquí está a orde do calendario

 

         POR ÚLTIMO INFORMAMOS QUE PARA O NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS PARA O VINDEIRO CURSO, O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL TERÁ UNHA XUNTANZA COS PAIS/NAIS O  VINDEIRO LUNS 27 DE XUÑO ÁS 11:00 HORAS. NESA XUNTANZA DARANSE AS PAUTAS E ORIENTACIÓNS NECESARIAS PARA QUE EN SETEMBRO O PROCESO DE ADAPTACIÓN DOS SEUS FILLOS/AS SEXA O MELLOR POSIBLE.

            PRÉGASE QUE A XUNTANZA NON TRAIAN OS SEUS FILLOS.



by Dr. Radut