Skip to Content

Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 "Promover estilos de vida felices e saudables" Armagh Luns 21 de Xaneiro 19- Venres 25 de Xaneiro 19

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus + 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Armagh

Lunes 21 de Xaneiro 19- Viernes 25 de Xaneiro 19

Durante a semana do 21 ao 25 de xaneiro de 2019, varios mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh en Irlanda do Norte. Dito evento está incluido dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
   

Na xornada do martes 22 de xaneiro de 2019, o profesorado tivo unha xornada de formación nun deporte típico de Irlanda: tomaron contacto co Fútbol Irlandés ou Fútbol Gaélico para ensinarllo aos nenos do colexio de Armagh e tamén aos nen@s do noso centro.

 

Na xornada do mércores 23 de xaneiro, visitaron a escola de Armagh, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc. Despois participaron nunha asemblea con todo o alumnado do centro na que se proyectaron os vídeos de deportes típicos de cada país socio do proxecto e tamén unha pequena exhibición de música e baile irlandés.

   

 

Finalmente, na xornada do xoves 24 de xaneiro e para rematar a estadía en Armagh, a formación xirou arredor do desenvolvemento do proxecto, formación en Erasmus+, plataformas eTwinning, etc.

 

Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros desprazados a Armagh, é moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

 



page | by Dr. Radut