novas

Aliméntate ben

2º Planta na horta.

O pasado mércores, día 22 de marzo de 2023, o alumnado de 2º de Educación Primaria, sacou para a horta as leitugas, as cenorias, as cebolas, os calabacíns os allos que xa creceran no interior da escola. . Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Aliméntate ben

Manzana gif 13 » GIF Images DownloadAs mazás.

Tarta de Mazá e Compota.

O alumnado de 5 anos leva dende o mes de outubro traballando nun proxecto educativo sobre as mazás. Hoxe, mércores día 22 de marzo de 2023, por fin fomos ao restaurante da nosa escola para cociñar e degustar as nosas receitas con mazás.

Aquí vos deixamos as receitas e instrucións destes grandes cociñeiros.

Que rico! Gran traballo, rapaces!

Alimentate ben

Mr.patata | Memes Amino • Español AminoMercado " Cintas de Cores" do 2

Confeti en formato GIF - 55 imágenes animadas

Durante a semana do 20 marzo de 2022, activouse o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os produtos ecolóxicos para a venda que procedían da horta da escola ou do excedente dalgunhas familias que colaboraron.

Moitísimas grazas a todas as familias involucradas. Un traballo extraordinario!

O Noso Proxecto. Naturalíza-T

I Congreso Internacional de Educación Tui-Valencia

O Noso Proxecto. Naturaliza-T

A Eurocidade Tui-Valença, acolleu os pasados 10 e 11 de marzo de 2023, o I Congreso Internacional de Educación, onde se abordaron as reformas educativas en Portugal, España e no contexto das Eurocidades.

Alí estivo presente o noso proxecto de centro deste ano: Naturaliza-T, como modelo de desenvolvemento dos ODS adenda 2030. Onde se deu conta de todas as actividades que se están a levar a cabo no centro, para ser cidadáns respetuosos co medio ámbiente.

Aliméntate ben.

Despensa de la alimentación saludable | SoycomocomoO alumnado de 5º plantaCanónigo en semillas para sembrar | Semillas de huerto

chícharos, tirabeques, leitugas,

cabaciños e cánones.

O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou o martes 7 de marzo de 2023, plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. Fixéronno nos recipientes de refugallo que xa usaran os compañeiros de 4º e que xa sacaron as súas plantas á horta. Así estamos dándolle un novo uso a envases que soamente estaban previstos para un só uso.

Plantación do alumnado de 5ºA.

Plantación do alumnado de 5ºB.

Agora serán os encargados de darlle os coidados necesarios, para que as plantas medren e poidan sacalas á horta.

 

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

Curso 22-23

Hai unhas semanas os terceiros fixeron sementeiros de chícharos, cenorias, perexil, espinacas e canónigos.

Xa era hora de pasalos para a horta. Divertíronse moito preparando a terra e facendo os buratos para os chícharos. Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita. 

Aliméntate ben

Los Dibujitos — Se me cuecen las habas.2ºA Planta Fabas e Amorodos.Dancing Strawberry Dancing Sticker - Dancing Strawberry Dancing Strawberry  - Discover & Share GIFs

 

O pasado venres, día 3 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºA de Educación Primaria, sacou para a horta as fabas que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para poñer unhas plantas de amorodos. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Deporte na Escola

A Milla Escolar.

Actividade Física no entorno natural da escola.

Venres 3 de marzo de 2023.O pasado venres, 3 de marzo de 2023, inauguramos no entorno natural da nosa escola, "A Milla Escolar".

 Un percorrido que percorremos por clase e que trataremos de facer a diario, sempre que o tempo nolo permita. Trataremos de percorrer moitas millas para ter unha vida saudable. Nesta primeira xornada cada nivel fixo as súas delicias, incluidos os profes. Noraboa pola vosa participación.

 

PLANTAMOS ACELGAS

Gifs animados de Espinacas, animaciones de EspinacasINFANTIL PLANTA ACELGAS E ESPINACASColección de Gifs ®: IMÁGENES DE ESPINACA

Curso 22-23

 

Os nenos e nenas de 5 anos plantaron espinacas e acelgas en envases de iogures, o pasado xoves 2 de marzo de 2023 .

Seguimos reciclando e reutilizando, temos que coidar o planeta entre todos e darlle unha segunda oportunidade aos obxectos.

Agora toca esperar a que crezan para facer deliciosas receitas con elas.

Aliméntate ben

140 ideas de Gifs | emoticonos animados, emoticonos, gif lindos2ºB Planta tirabeques e chícharos.Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

O pasado mércores, día 1 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºB de Educación Primaria, sacou para o horta, os tirabeques e chícharos que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para regar as plantas da horta. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Aliméntate ben

▷ Girasoles: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!O alumnado de 4º pasa áHabas GIFs - Get the best GIF on GIPHY

horta as súas plantas.

O alumnado de 4ºB e 4ºA sairon á horta o venres 24 de febreiro a poñer as súas plantas de fabas, xirasois, chícharos e tirabeques que medran no interior. Xa están o suficiente grandes para que medren na horta e recoller boa colleita.

Día de Rosalía de Castro

Galicia en Puerto Rico: febrero 2015Día de Rosalía.

FLORES ENCONTRADAS EN LA WEB | Rosas azuis, Rosas vermelhas, Flores rosas

23 de febreiro de 2023.

Sementando Pensamentos.

 

Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro o Equipo de Normalización Lingüística do centro organizou unha actividade no ámbito Naturaliza-T.

O alumnado do centro escribou poemas, frases en pensamentos que despois decorarian o mural de Rosalía.

Aproveitando este momento cada clase plantou o seu pensamento para a compañar o seu mural e que o día de Rosalía coas súas palabras e pensamentos na lingua nai, fose un día máis natural e de respeto ao medio ambiente.

Excelente traballo do Equipo de Normalización do centro e de todo o alumnado.

 

Aliméntate ben

▷ Girasoles: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Medran os xirasois, os tirabeques,

os chícharos e as fabas do alumnado de 4º.Habas GIFs - Get the best GIF on GIPHY

Durante o mes de febreiro foron nacendo as plantas que o alumnado de 4º sementou en botes de reciclaxe. Apareceron as plantiñas de xirasois, tirabeques, chícharos e fabas e case están listas para levar á horta.

 

MESA VOZ NATURA

 

ESPAZO VOZ NATURA

Curso 22-23

Varios cursos saímos a recolectar folliñas secas para o composteiro e para decorar o noso espazo de Voz Natura. 

Agora temos un recuncho no cole para poder tocar, cheirar, ver e incluso degustar algúns alimentos.

 

 

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

 

SEMILLEIROS

Curso 22-23

Os terceiros xa plantaron as súas sementes. Fixeron semilleiros de  cenorias, canónigos, leitugas, espinacas, chícharos.

Teñen pensado facer unhas estupendas receitas con todos estes alimentos. Aínda que primeiro, terán que transplantalos á horta.

 

 

 

Distribuir contido