novas

SEMENTEIROS DE 4º DE PRIMARIA

SEMENTEIROS DE 4º

Curso 23-24

Os nenxs de 4º están coidando moi ben da súa plantación. En pouco tempo tocará transplantar na horta todas as legumes.

Colocaron a plantación preto dunha fiestra na que da o Sol pola mañá e un encargado de cada aula revisa a terra cada día, e se precisa auga, rega.

Bo traballo!

 

 

VISITA DE SARA, A MESTRA COMPOSTEIRA DO CONCELLO

VISITA DE SARA, A MESTRA COMPOSTEIRA DO CONCELLO

 

Este curso voltamos a ter a visita de Sara, a mestra composteira do concello, que nos axuda nas dúbidas que nos xorden no proceso de compostaxe.

Sara comprobou que a temperatura do composteiro é a axeitada e que ten unha boa mestura de materia orgánica e estruturante, mantendo unha boa humidade para o bo funcionamento da biodiversidade, que é a encargada de transformar a os restos das nosas merendas nun bo compost que logo empregaremos na nosa eco-horta.

Moitas grazas Sara!!

 

 

PLANTACIÓN DE 1º XIRASOIS, TOMATES E PEMENTOS.

 

PLANTAMOS XIRASOIS, TOMATES E PEMENTOS

Curso 23-24

 Os alumnxs de primeiro plantaron hoxe coa axuda da profe Bea e dos alumnos de quinto.

Dan un pasiño máis na súa invertigación e sementan xirasois, tomates e pementos.  A súa minihorta de interior xa comeza a ter vida.

Agora toca coidalas día a día e darlle moito agarimo.

 

 

INVESTIGANDO A MINI-HORTA DE 1º

ANALIZANDO AS NECESIDADES DAS PLANTAS

Curso 23-24

Os exploradores e exploradoras de primeiro están analizando todo o que precisan as plantas para vivir na súa minihorta.

Precisarán auga?, azúcre?, luz?...

Pouco a pouco irán investigando e recollendo toda a información, con ela farán unhas guías  que lle axudarán a coidar das hortalizas e plantas que sementen.

Aliméntate Ben

Merendas saudables do mes de febreiro.

Seguimos coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de febreiro.

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de febreiro  recomendamos receitas e merendas con mazá e fabas.

O noso alumnado e profesorado come mazás moi saudables. Moi boas merendas rapazada!.

 

ECO-RETO FEBREIRO

ECO-RETO

curso 23-24

Xa temos listo o noso eco-reto de febreiro, AFORRAMOS. Como cada mes expomos os eco-retos no recuncho de Voz Natura para que o poida ver toda a comunidade educativa.

Con este reto, animámosvos a facer algunha actividade relacionada con:

-Aforro de enerxía.

-Andar en bici e utilizar menos os coches.

-Aforrar enerxía lumínica e aproveitar a luz solar.

-Promover o consumo de enerxías renovables.

-Desenchufar os electrodomésticos sin uso.

-Aforro de auga pechando os grifos.

-Consumir máis verduras e productos agro sustentables.

-Asumir as tres erres ecolóxicas:Reducir, Reutilizar e Reciclar.

-Actuar de forma responsable na natureza...

 

Aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoOs sementeiros do alumnado de 4º,5º e 6º.

Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

 

O pasado mércores, día 21 de febreiro de 2024, o alumnado 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, comprobaron como creceran no interior da escola, as sementes que plantaron fai tres semanas. Aquí vos damos conta do grandes que están. En poucos días teremos que sacalas á horta da escola.


aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoMEDRAN OS ALIMENTOS DA NOSA HORTARemolacha | Vegetable cartoon, Fruit cartoon, Funny fruit

Curso 23-24

No mes de febreiro de 2024 xa van medrando as sementes plantadas no mes de setembro na horta da escola. As fresas, os amorodos, os allos, a remolacha, as acelgas, os grelos todo medra a bo ritmo.

Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita. 

CLUB DE CIENCIAS

 

CLUB DE CIENCIAS

Curso 23-24

 

 
Este trimestre no club de ciencias investigamos e aprendemos sobre a biodiversidade das aves da nosa contorna. 
O coñecemento e o  coidado da biodiversidade é un dos objectivos principais do proxecto de Voz Natura deste ano. Fomentamos así o ODS 15 Vida de ecosistemas terrestres, que tamén é un dos obxectivos  do noso proxecto de centro Diver_xente.
No patio podemos ver  moitos días pombas  e gaviotas que veñen comer as migas que nos caen das merendas.
Na nosa zona tamén hai rulas, anduriñas, merlos, estorninos, carrozas, gorrións, pegas, verderolos, paporrubios....
Estámonos aprendendo moito sobre as aves, pero sobre todo, que podemos facer nós para protexelas. Pronto compartiremos as nosas investigacións.

 

 

 

 

 

Deporte en Tui

Trail do Aloia
Aloia Kids Trail 24.

Sábado, 10 de febreiro de 2024 ás 16:30h.

 

O pasado sábado, 10 de febreiro de 2024, as 16:30h, tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías foron: BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos. Alí estiveron 80 corredores do noso colexio e as súas familias. Gozaron da natureza, fixeron deporte e pasárono xenial. 

 

 

Seguimos dando resposta ao proxecto Diver-xente: ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero.

Grazas aos organizadores do Trail do Aloia, ao Atletismo Tui, ao Concello de Tui, que este sábado 10 de febreiro, nos fixeron disfrutar desta proba en Tui.

 Máis información no Instagram Ceipn2detui: Deporte no 2

Entroido Diverxente.

Entroido Diver-Xente.

Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.

Axenda 2030

Venres 9-02-2024

O Entroido chegou ao 2 por todo o alto. Desfile, disfraces, ODS, orellas e filloas, os ingredientes da nosa receita estrela para desfrutar deste día tan especial!


Diversión e reinvindicacións por un mundo mellor foron da man no día de hoxe.

 O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil, quixeron poñer en valor a importancia do sol e a lúa para coidar o planeta terra.

 O alumnado de 5º de Educación Infantil convidou a tódolos presentes cambiar de actitude cara o noso planeta, que se isto non cambia eles están na procura dun planeta B.

 

O alumnado de 1º de Educación Primaria estaban en plena investigación, estes grandes “EXPLORADORES” viaxaban por todo o planeta, buscando os lugares máis recónditos onde é necesario cumplir os ODS, para salvalos do desastre

.

alumnado de 2º foi quen de salientar a importancia do ODS 14: Vida Submariña. A importancia do mar.

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 O ODS 17: Paz, xustiza e institucións sólidas, foi representado polo alumnado de 3º que se convertiron en xueces, para facer cumprir a tódolos asistentes os ODS.

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

 O ODS 15 Vida e ecosistemas terrestres así como o ODS 12 Producción e consumo responsable, foi representado polo alumnado de 4ºA, a súa paixón o sector primario os productos do campo, saudables e ecolóxicos.

ODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

O alumnado de 4ºB foron os encargados, de representar a importancia dos o ODS 8: Traballo decente e crecemento económico e o ODS 9: Industria, Innovació e Infraestructura.

 ODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeIndicadores da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable

 

Os ODS 5: Igualdade de xénero e o ODS 10: Reducción das desigualdades foron os que escolleu o alumnado de 5º para debuxar nas  súas capas reivindicativas as mensaxes para acadar este obxetivos fundamentales.

ODS 10: Redución das desigualdades | Grupo de Investigación ESCULCA

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

 

 O alumnado de 6º convertiuse nunha gran manifestación en defensa dos ODS, gritando ao son dos tambores, onde os gobernantes deben comprometerse a levar a cabo alianzas que permitan cumplir cos ODS antes do ano 2030. Sentimento e sensibilidade.

ODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeODS - Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeIndicadores da Axenda 2030 para o Desenvolvemento SustentableObxectivos de desenvolvemento sostible | Universidade de VigoIndicadores da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable

 

As familias tamén participaron no desfile facéndonos sentir a importancia do ODS 3: Saúde e Benestar.

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

Moitas grazas a todos e a todas os que axudastes a conseguilo.

 Máis información no Instagram Ceipn2detui: Entroido

FOLLAS PARA ESTRUTURANTE

ESTRUTURANTE

Sale De Hoja Otoño - GIF gratis en Pixabay - Pixabay

 

Curso 23-24

Como cada curso dende hai uns anos, recollemos follas secas para o noso composteiro. 

Temos un patio fermoso e cheo de árbores, e no outono e inverno deixan caer as súas follas que nos veñen perfectas para facer o compost da nosa  ecohorta.

 

 

 

Gif Hojas - Colegio Ártica

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

Biodiversidade

Curso 23-24

 

Neste trimestre no club de ciencias estamos a estudar a biodiversidade de aves que temos na contorna.

Buscamos información na rede ademáis de preguntar as bibliotecas vivas como son os nosos maiores. 

Interésanos moito saber qué tipos de aves nos visitan dependendo da época do ano, asi como o momento no que crían, entre outras moitas cousas.

Faremos unha cartelería informativa para o cole con toda a información que atopemos.

Traballamos neste caso o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres, fomentando o coidado da flora e fauna.

 

 

 

 

 

 

 

GRELOS

 

GRELOS DE INFANTIL

Curso 23-24

 

Os grelos que plantaron hai uns meses o pequechxs de 3 anos xa comezan a asomar. Este ano custoulle un puco máis pola climatoloxía. Esperamos facer deliciosas receitas con eles coma anos anteriores.

Fomentamos así o desevolvemento do ODS 12, Produción e consumo responsable. Se temos un cachiño de terra sempre é moi interesante plantar as nosas propias verduras e legumes, moito máis saudables.

Que ilusión lles fixo!!

 

 

 

 

Deporte na Escola

A Milla

Febreiro 2024

ODS 6 e 7

Biodiversidade

A Sobreira en Galicia.

Durante o mes de xaneiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de xaneiro coñecemos o ODS 6: Auga Limpa e o  ODS 7: Enrxía Asequible e non contaminante.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer a sobreira no Baixo Miño. A sobreira atópase polos vales fluviais, no val dos Ríos de Tui e do norte de Portugal. A súa cortiza utílízase para facer corchos pra as botellas de auga e tapóns de todo tipo. Tamén se utiliza na elaboración das colmeas tradicionais ou cortizos. Na actualidade tamén se usa na elaboración de bolsos, carteiras, cinturóns, etc...       

Hoxe en día a cortiza é un material moi interesante na construcción para o aillamento das vivendas evitando usar enerxías para quentar ou enfriar as casas. Como podedes comprobar a Sobreira seu aproveitamento identifícase moito co ODS 6 Auga Limpa e saneamento e o ODS 7 Enerxía asequible e non contaminante. 

 

 

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de febreiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.

Distribuir contido