23 DE ABRIL DE 2021.- DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril é o día do libro. O equipo da Biblioteca fixo un vídeo precioso e o alumnado de infantil tamén o celebrou cunha actividade no noso salón de actos. Todos os proxectos do cole están relacionados entre sí...e nesta actividade estabamos presentes a través da reciclaxe.....os nenos atopaban libros feitos de cartón reciclado con sorpresa no seu interior.

Animámosvos a que visitedes o blogue da Biblioteca para saber e ver máis sobre este día no cole premendo na seguinte imaxe.