Skip to Content

Monthly archive

RESTAURANTE TAPERÍA “LA DE MANU"

Os cativos de 2º tiveron a sorte de ser convidados por Manu Garrido ao seu restaurante “La de Manu”, un exemplo a seguir na nosa zona, tanto no persoal coma no laboral. Manu a parte de ser o dono dun dos restaurantes máis visitados da zona de Tui, proclamouse o ano pasado campión do mundo de piragüismo na modalidade maratón en C1 en Ponte de Lima.

(preme na imaxe para máis información)

Curso 23-24

Benvidos ao curso 23/24

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 23/24. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa, mente feliz e dando respostas aos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida aos profes Xosé, Raquel e Patri, aos que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Juncal e ao profe Pablo, novos no equipo, polo que esperamos que gocen moito con nós: coa  profe Mª Carmen Vilches, a profe R.Bea, a profe Lore e a profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano "Diver-xente" onde cumplir moitos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles".

ECO-RETO DECEMBRO REUTILIZAMOS

ECO-RETO DECEMBRO REUTILIZAMOS

 

BOTES DE GALLETAS

Curso 23-24

 

Polo Nada fixemos agunhas manualidades nas que  reutilizamos diferentes obxectos ou materiais.

Os nenxs de 4º fixeron uns bonitos botes de galletas con  envases de vidro que decoraron  coa técnica "decoupage". Para facelos escolleron unhas  servilletas con motivos navideños moi chulas.

Seguro que serán unha bonita decoración para estas datas.

 

 

 

 

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O pasado, martes 31 de xaneiro deu  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Unha xornada onde os máis pequenos gozaron do bádminton. Un gran número de deportistas da nosa escola, participaron na xornada cos compañeiros de CEIP Randufe, CEIP Rebordáns, CEIP Guillarei e Club Bádminton Tui.

Lecturas Deportivas

MY HERO ACADEMIA III

Yasmin 5ºB.

O día 2 de marzo, Yasmin de 5ºB propúxonos unha lectura do máis interesante " My Hero Academia III".

Unha nova novela do universo MY HERO ACADEMIA, onde chega o día do torneo, onde os protagonistas poden gañar o Campionato Nacional. Animádevos a vivir esta gran lectura.

My hero academia 3 novela - LeoVeo

 

O venres 24 de marzo de 2023, Olga de 5ºA fixonos unha proposta de lectura sobre "My Hero Academia 31" 

Unha lectura de manga atractiva, atrevida e interesante, na que non faltan os grandes superheroes, a que anima a toda a clase a ler. Animádevos.

My Hero Academia nº 31 - Ayako Koike, Kohei Horikoshi -5% en libros | FNAC

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O vindeiro mércores día 26 de abril de 2022, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso, serán mércores día 26 de abril e  3 e 10 de maio,  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres 21 de abril. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

 Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

Aquí podemos descargar a folla de inscripción.

Aliméntate ben

Letras Galegas 23

 

 

18 de maio 2023.

Consertassso de Brais das Hortas.

O pasado xoves 18 de maio de 2023, contamos na escola con Brais das Hortas, un consertassso na nosa horta, onde nos naturalizamos coas súas cancións adicadas a horta: Plantamos kiwis, fixemos compost, practicamos actividade físico-saudable co seu "Sachozumba", desbrozamos, sementamos, cos pes na terra.  Un superconsertasso que nos meteu o ritmo da horta no corpo.

Gracias Brais pola túa música.

Aliméntate ben

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.

O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.

 

Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas. 



by Dr. Radut