Camiño de Santiago Portugués Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Camiño de Santiago Portugués

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

O Camiño de Santiago Portugués, é unha importante ruta  xacobea, que entra en Tui dende Valença pola vella ponte internacional. Nos últimos anos gañou moita afluencia de peregrinos que a pé, en bicicleta ou a cabalo fan o camiño para rematar en Santiago de Compostela. O alumnado de 3º do colexio percórrea cada ano ,dende a cidade ata a Ponte Romana. Ten moitos recunchos con encanto, moita fauna e flora digna de coñecer e pasalo ben, ímosvolos ensinar:

Andrea de 5ºA está no punto de partida do camiño, 116 Km, para chegar a Santiago, a distancia mínima para conseguir a Compostela.

Jorge de 6ºA fixo varios quilómetros, para mostrar as distancias e los puntos quilométricos. Se decidides facer o camiño esta será a vosa guía.

Alba vai ensinarnos o tramo dende Tui ata a Ponte Romana.

Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB ensinan dende a Ponte das Febres ata Budiño.

Sara de 3ºA e a súa familia fixeron tres etapas do Camiño de Santiago, aquí no lo ensinan esperamos que vos guste e vos animedes a facelo.

Uxía de 6ºA ensínanos dende a Ponte das Febres ata Ribadelouro. Moitas grazas Uxi.