HORTA LISTA!!

Paseniño, paseniño...vaise facendo o camiño......

Xa temos bautizada a nosa hortiña!!! A HORTA DE LÚA, non podía ser outro nome, a que non? É que a nosa Lúa é moi especial para o noso centro. 

O equipo Voz Natura traballou a contrarreloxio para ter a horta lista para sementar. Cortouse a herba, arrincamos malas herbas, fresamos a man os bancais e as rodas...e coa axuda de Jaime que rematou o peche da horta do lado dereito...temos todo listo!!

Quedou tan bonita!!! A que si??

 

Dende aquí, como mestra encargada deste proxecto no centro quero agradecer profundamente ao meu equipo Voz Natura e a Jaime a súa labor desinteresada e o seu esforzo por manter este proxecto vivo neste curso tan complicado. Así como tamén teño que agradecer ao equipo de mestres e mestras do Proxecto Plurilingüe que tanto o curso pasado como este deron forma á nosa horta.

Pero non pensedes que isto remata aquí....xa temos na recámara ideas para mellorar este proxecto...pasade por aquí de vez en cando....Guiño

 

  Lua's Garden

 Lua is so special for us, that we decided to call our vegetable garden “Lua’s garden”

“Voz Natura” team work so hard to prepare everything. They: mowed the grass, pulled the weeds off, prepared the terraces, … and now we are ready to plant our seeds!

It looks beautiful, don’t you think?