BENVIDO FLORO!!

Nesta semana os nenos das aulas de 4 anos comezaron un proxecto relacionado coa horta.

Traballaron nas aulas.....

 

 

Plantaron amorodos no seu bancal....

 

.....e contrataron un vixiante para que os paxariños non fagan das súas.

Presentámosvos a...Floro!! O espantallo da horta de Lúa. E para axudalo na súa misión, os nenos de 4 anos elaboraron uns "muiñiños de vento".

 

 

Agora xa podemos estar tranquilos....non haberá paxaro que se atreva a vir á nosa horta!!

Dende o equipo de Voz Natura agradecemos o traballo de todos e animámosvos a que sigades utilizando a horta para que os nosos nenos sigan aprendendo moitas cousas relacionadas coa natureza.

 

 Welcome Floro!

Pre Primary children started they project in Lua's garden. They plant delicious strawberries. But they are not alone, they count with the help of Floro, the great scarecrow that they create.

Now we can be calm because any kind of bird will dare to visit and eat our plants.