REMATAMOS!!!!

Pois si!!! O proxecto de creación e organización da horta de Lúa chega ao seu fin. Foron dous cursos moi intensos.....pero xa podemos dicir que o deseño fundamental da horta para que sexa un espazo útil, cómodo e funcional para que a nosa comunidade educativa o use para continuar aprendendo e formándose......está terminado.

Grazas a todos os que colaboraron neste proceso; alumnado, mestres, pais e nais, Jaime o noso conserxe, aos nosos familiares e amigos que tamén nos botaron unha boa man conseguindo materiais, fresando, cortando a herba,...etc.

Agora seguiremos vixiando e coidando que todo o que plantamos dé o seu froito!!! Manterémosvos ben informados.....

  Tedes un vídeo de como quedou a horta, premendo na seguinte imaxe....Guiño

 

 

 It is already done!

Lua's garden is ready! It was two years working really hard but, finally,  Lua's garden is well organized and ready for being used. Now, we had lot of different places to plant lots of different plants.

Now, we must take care of it.