Deporte na Escola

PROXIMA ACTIVIDAD | Curso 2019 2020

Gifs de Coches - Imágenes (GIF) animadas de Coches

Magosto 22

Xornada de Xogos Populares,

Baixada de Carrilainas e Magosto.

O pasado mércores día 2 de novembro de 2022, levouse a cabo o Magosto no colexio. Pola mañá o alumnado de primaria gozou dunha estupenda xornada de xogos populares, onde o alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos.

 

Entretanto o alumnado de Educación Infantil pilotaron as carrilanas que as familias fixeron con moito esmero.

Xogamos con carozos, aos zancos, aros, petanca, rá, risco, etc...

Unha vez finalizada a xornada de xogos populares realizouse na entrada da escola a tradicional baixada de carrilainas, este ano con recor de participación: 40 carrilainas elaboradas polas familias con materiais de refugallo. Moitas grazas a todas polo seu esforzo e axuda nesta iniciativa.

Para rematar a xornada tivemos castañas asadas coa axuda das familias. As castañas ademáis de ser un alimento saudable e típico dos bosques de Galicia o cal promocionamos no magosto.

Unha explendida xornada na que temos que agradecer a axuda de toda a comunidade educativa.