Actividades no Medio Natural

Tui en Ruta 23.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade estivo destinada os/as 50 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 19 e martes 20 de xuño de 2023.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 19 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei e finalizamos coa visita de Gustavo Rodríguez e David Fernández, dous antigos alumnos da escola e dous referentes no mundo do ciclismo a nivel mundial.

2ª Xornada: O día 20 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.

Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.