Deporte na escola

A Milla Diver-xente.

O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS. 

No mes de outubro e novembro recibiron as follas de rexistro das millas que fan cada día en cada clase, e unha cartiña coa primeira medalla. 

Tamén comezou o reconto mensual, no panel do corredor central, onde se irán rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.

Para cumplir co ODS 3 Saúde e Benestar e o ODS 5 Igualdade de Xénero, activarémonos durante o curso, para intercambiar millas por ods. E ti Activas-T con nós?