Deporte na Escola

A Milla

Xaneiro 2024

ODS 3, 4 e 5

  Biodiversidade

O Loureiro en Galicia.

Durante o mes de decembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de loureiro. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de decembro coñecemos o ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer o loureiro no Baixo Miño. A madeira de loureiro que destas medallas Bit atopouna na senda do Río Furnía en Malvas, unha ruta moi recomendable para facer en familia. Pero os loureiros medran silvestres preto dos regatos en todo o sur da provincia de Pontevedra. 

A súa madeira soamente ten aproveitamento ornamental. O uso comercial non é viable, debido a que é unha madeira que laña con facilidade, coma podedes comprobar, nas medallas. 

A súa importancia é  o seu uso culinario e medicinal: As súas follas úsanse como condimento a nivel gastronómico, sobre todo en Galicia durante o nadal, para cocer todo tipo de mariscos, facer guisos, estofados, sopas, etc...  O seu uso medicinal é moi amplo. En infusión as súas follas son un excelente tónico estomacal, estimula o apetito e é dixestivo. O aceite de loureiro é apropiado para sentirse con enerxía, favorece a memoria, a concentración, alivia as dores de articulacións e músculos, axuda a previr aftas e úlceras na boca,resfriados, infeccións, etc...

Hoxe en día as súas follas úsanse en saquiños arómaticos, aceites esenciais, etc..

Como podedes comprobar unha madeira moi ligada aos ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de xaneiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.