Secretaría
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. CURSO 2024/25
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Premer no seguinte enlace para ver instrucións da convocatoria:
PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, A DETECCIÓN E O TRATAMENTO DO ACOSO E DO CIBERACOSO ESCOLAR
Informamos que xa está instalado no centro e na nosa páxina web o Punto Laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso, segundo o protocolo fixado pola Consellería. Consiste nun buzón a través do cal o alumando pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións, de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiro.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contras estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindas que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros es9clares e os espazos de interacción do alumnado conten cos recursos necsar8ios para poder previr, identificar e actuar antes estas situacións.
ESCOLARIZACIÓN CURSO 2019/20
RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS
Dende o 1 ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de primaria poda facer reserva de praza no instituto ao que estamos adscritos, o IES Castro Baronceli.
Para iso debe entregar a seguinte documentación no Ceip de Oimbra:(escoller unha das tres opcións)
- Impreso reserva de praza centros adscritos Anexo I galego, Anexo I castelán ( 3 follas ). Póden imprimir a solicitude, cubrirla con letra clara e lexible e entregala no Ceip de Oímbra.
- ou ben cubrir a instancia a través da sede electrónica no seguinte enlace. (Sede electrónica).
- tamén poden cubrir a instancia na aplicación admisiónalumnado e presentar a solicitude no Ceip de Oímbra.
A ter en conta:
- Para facer uso do dereito preferente debe presentarse a solicitude do 1 ao 15 de febreiro inclusives, de non facelo perderase este dereito.
- Si se reserva praza no IES Castro Baronceli e posteriormente queren cambiar para outro distinto, hai que renunciar á praza reservada mediante escrito que se presentará no IES Castro Baronceli. En caso contrario as dúas solicitudes quedarán anuladas. Soamente pode haber unha solicitude de reserva en un centro.
- De non querer reservar praza no IES Castro Baronceli hai que esperar a marzo cando se abra o prazo para o resto de institutos aos que non estamos adscritos.
Perda do dereito de prioridade:
- As solicitudes presentadas fora de prazo.
- Presentar máis de unha solicitude.
- As solicitudes que conteñan datos ou acompañadas de documentación que non se axusten ás circunstancias reais dos alumnos/as.
Lexislación aplicable:
Poden consultar toda a información relativa ao proceso e a documentación no seguinte enlace.
Resumo dos prazos
Reserva de praza nos centros adscritos |
do 1 ao 15 de febreiro ambos inclusive |
Publicación de normativa e prazas | 28 febreiro |
Proceso de admisión anexoII | do 1-20 de marzo |
Prazo entrega documentación (só en caso de ter que baremar) | do 25 marzo ao 5 abril ambos inclusive |
Exposición listado provisional de admitidos e non admitidos | |
Periodo de reclamación | |
Exposición listaxe definitiva de admitidos e non admitidos | |
Período de matrícula | |
Matrícula de infantil e primaria | do 20 ao 30 xuño |
ESCOLARIZACIÓN 2018/19
RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS
Dende o día 1 ao 15 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de primaria poida facer reserva de praza no instituto de educación secundaria ao que está adscrito o Ceip de Oímbra, o IES Castro Baronceli.
Deberá entregar a seguinte documentación:
A ter en conta:
- Para facer uso do dereito preferente ao centro adscrito haberá que presentar a solicitude do 1 ao 15 de febreiro, de non ser así perderase a preferencia.
- Se reservades praza no centro adscrito IES CASTRO BARONCELI e posteriormente queredes reservar en outro centro distinto, teredes que renunciar á praza reservada no IES CASTRO BARONCELI mediante escrito nese centro. En caso contrario as dúas solicitudes quedarán invalidadas.
- De non querer reservar no IES CASTRO BARONCELI, deberedes agardar ao mes de marzo cando se abra o prazo para o resto de institutos que non son os adscritos a cada Ceip.
Peda do dereito de prioridade:
- As solicitudes presentadas fóra de prazo.
- A presentación de máis de unha solicitude.
- As solicitudes que conteñan datos ou acompañadas de documentación que non se axusten ás circunstancias reais dos alumnos/as.
Lexislación aplicable:
PROCESO DE ADMISIÓN
Reserva de praza nos centros adscritos Cubrir o Anexo I e entregar aquí no centro ou ben cubrir na App admisionalumnado ou ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. |
do 1 ao 15 de febreiro (aa. ii.) |
Publicación de normativa e Prazas | |
PROCESO DE ADMISIÓN cubrir e entregar Anexo II. | 1-20 marzo |
Prazo de entrega documentación ( só no caso de ter que baremar). | 23/03- 09/04 |
Exposición de listaxe provisional de admitidos e non admitidos. | 24/04 |
Período reclamación | 25/04 - 3/05 |
Exposición de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos. | 14 maio |
PERIODO DE MATRICULA | |
Matrícula de Educación Infantil e Primaria. | do 20 ao 30 xuño |
RESERVA DE PRAZA NO IES CASTRO BARONCELLI
O Decreto 254/2012 do 13 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
Segundo o disposto no artigo 10 da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado que pretenda continuar estudos no IES CASTRO BARONCELLI durante o ano académico 2016/17, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar no seu centro (CEIP OIMBRA) o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro de 2016.
Deberá entregar a seguinte documentación:
A ter en conta:
1. Para facer uso do dereito preferente a praza no centro adscrito hai que presentar a solicitude entre o día 1 e o 15 de febreiro, se non, no prazo ordinario, non teredes preferencia sobre os demais.
2. Se reservades praza no centro adscrito IES CASTRO BARONCELLI e posteriormente queredes solicitar praza noutro centro, teredes que presentar no IES CASTRO BARONCELI a renuncia á praza reservada antes de solicitar praza noutro centro, en caso contrario as dúas solicitudes serán invalidadas.
3. De non querer ir ao IES CASTRO BARONCELLI teredes que solicitar praza no IES que queirades cando se abra o plazo no mes de marzo.
Dia das Bibliotecas escolares
Aquí tedes as fotos do día das Bibliotecas Escolares deste curso. Podedes activar a música ao fondo do video.
Axuda para material 2015-16
SOLO PARA PRIMARIA. A partir de hoxe dia 2 de setembro e ata o próximo día 1 de outubro do 2015 podedes acercarvos polo centro a recoller a documentación necesaria para tramitar a axuda. Ou ben imprimir o anexo I (que son tres follas) e entregarmo xa cuberto. Para descargar o anexo descargar aquí.
Axuda libros de texto 2015-2016
ENLACE A LIBROS DE TEXTO a partir de xullo
Os alumnos de 3º e 5º de primaria non teñen que comprar os libros ainda que aparecen na lista por atoparse dentro do programa de Fondolibros.
PRAZO DE SOLICITUDE: DO 2 DE XUÑO AO 2 DE XULLO.
Programas 2014-2015
Este ano o noso Centro participará no programa XOGADE, dentro do plan PROXECTA, tal e como se levou a cabo nos curso anteriores. Á súa vez tamén se solicitou a participación no MOVETE+.
Eleccións ao Consello Escolar
- Serán renovados dous membros un mestre e un pai/nai.
Xunta Electoral
- O director: D. Iván Martínez García.
- Un representante do profesorado: Dª. Modesta Dolly Rodríguez Alonso..
- Un representante dos pais e das nais: Dº. Manuel Balboa Pardo.
- Un representante do persoal non docente: Dª. María Teresa Vieira Fernández.
Resultado das eleccións:
Profesores: D. José Quintairos Pérez
Pais: Dª Estrella Aurea Blanco Bahamonde
Benvidos ao novo curso escolar 2014-15
A partir do mércores 10 de setembro o colexio comeza oficialmente as súas clases para dar inicio ao novo curso. Dende a Dirección queremos dar, un ano máis, a benvida a todas e todos, e especialmente ás novas familias, ao novo alumnado, profesorado e persoal non docente. Lembrarvos tamén que nesta web teredes información continua e actualizada (profesorado, materiais, horarios, actividades, etc). Por último animarvos a participar enviando suxerencias ao enderezo ceip.oimbra@edu.xunta.es . Bo curso.
Horario do mes de setembro:
Clases:
8:45 ata as 13:00
Comedor:
13:00 ata as 13:30