Normalización Lingüística

Resultados da enquisa sobre o emprego do galego

No presente curso, 2014-15, levamos a cabo unha enquisa entre as familias de alumnos de E.I. para coñecer o uso que fan da lingua galega. A continuación presentamos os resultados da devandita enquisa.

 

(Premer na imaxe para acceder ao documento)

Soñemos coma galegos

Velaquí o último spot de Gadis "Soñemos coma galegos". Unha vez máis esta empresa galega volve a facer un anuncio brillante, dirixido aos máis novos, cheo de emotividade e esperanza, no que fala da nosa maneira particicular de afrontar a vida.

 

Reivindicando a nosa fala

Ghalegho é un orixinal vídeo no que os protagonistas son catro mozos que dende Rianxo e Dodro saen en defensa da nosa lingua, en todos os eidos e con todas as súas peculiaridades, seseo e gheada incluídos. 

O IES de Ribadeo fixo outro xenial vídeo, Eu digo, en resposta ao vídeo Ghalegho, no que se facía unha alusión a Ribadeo. Lembraba que de cativa,  nunha excursión a Ribadeo, ríranse dela e dos seus compañeiros pola súa forma de falar.  Eu digo, é un traballo solidario cos de Rianxo que foi coordinado polo profesor Suso López Acevedo. En Eu digo, dúas rapazas ribadenses din: «Non sei quen se burlaría do seseo e da geada. Algún inculto haiche en todos lados. Pero dende logo que nós non o fariamos, porque defendemos as variantes de cada lugar». E a continuación compañeiros, engaden: «Eu digo camiois e pantalois». «E ladrois e cabrois... que tamén hai en todos os lados». «Eu digo camín e padrín». «Eu digo folgueira e mazaeira». «E eu dou chuchos». «E aquí facemos a matanza do cocho, e non do porco, e dicimos pícaros, brosa e sapagueira». «Nós falamos así e seguro que en Vila de Cruces ou Moaña din doutro xeito, pero todo é galego». «Estamos orgullosos do galego», rematan dicindo xuntos. 

 

Distribuir contido