Normalización Lingüística

Meu o mundo é

Meu o mundo é! é un tema de Paco Nogueiras. O videoclip  que se gravou nas rúas de Pontevedra  conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

 

"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"

 

 

 
 
 

Chámate con xeito

Así se chama a campaña que a Universidade de Vigo divulgou para que os nomes de cadaquén estivesen ben escritos. A campaña recolle información acerca do proceso histórico de castelanización da onomástica e de como se foron creando formas híbridas ou incorrectas en ambos idiomas, galego e castelán.
 
 
 

Como galeguizar o teu nome e apelidos?

Na partida de nacemento

Cómpre ir persoalmente ao Rexistro Civil onde estea rexistrado o seu nacemento. Alí ten que solicitar, en primeiro lugar, unha fe de vida. Unha vez que a teña, debe presentar no Rexistro unha instancia solicitando que se proceda á galeguización do nome ou dos apelidos, ao abeiro da Lei 40/1999. A esta instancia debe acompañala unha fotocopia do DNI e un certificado de nacemento. Por último, debe solicitar unha certificación deste cambio no Rexistro.
 

Recursos para o Nadal

Na web da Coordinadora Galega dos ENDL temos dispoñibles recursos para traballar no aula a celebración do Nadal. Podedes visitala premendo na imaxe.

 

Distribuir contido