Celebracións e saídas

NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero, dende a nosa escola queremos contribuir á construcción dunha sociedade máis concienciada con este día para que nun futuro non sexa necesario celebralo . Entre as diferentes actividades que levaremos a cabo está a elaboración dun mural que estará colgado no corredor da entrada así como actividades a nivel de aula cas que perseguimos acadar os seguintes obxectivos:

  • Descubrir a violencia como un problema social que afecta a todos nós e contra o que debemos loitar para terminar con ela.
  • Construír unha sociedade máis equitativa e xusta baseada na igualdade de homes e mulleres.
  • Promover unha sociedade non discriminatoria.
  • Combater a linguaxe sexista e a degradación das mulleres.
  • Aprender a expresar as emocións de forma axeitada, evitando insultos, agresións, gritos

 

Distribuir contido