Celebracións e saídas

VISITA AO XORNAL "EL PROGRESO"

Os alumnos e alumnas do Colexio visitaron o luns 24 deoutubro as instalacións do xornal "El Progreso"; os nosos alumnos e alumnas fixeron de xornalistas por un día e aprenderon como funciona un xornal por dentro.

TEATRO EN LUGO

Os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do noso colexio acudiron o luns día 24 de outubro á representación teatral "De los cuentos a las cuentas" dentro do programa de actividades escolares Afundación.

Saída Alto de Saa

O pasado 28 de setembro os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de educación primaria fomos ata Alto de Saa. Alí estivemos na excavación aqueolóxica que se está a realizar descubrindo un fermoso castro. O alcalde e máis o arqueólogo responsable explicáronnos todo o que queríamos saber sobre como se estáa desenvolver a excavación.

Un día de aventuras históricas.

Moitas grazas ao Concello da Pastoriza

SE PREMEDES ENCIMA DA FOTOGRAFÍA LEVARÁVOS ATA A GALERÍA DE IMAXES.

 

Distribuir contido