Celebracións e saídas

VISITA CASTRO DE VILADONGA

Os rapaces e rapazas de terciero e cuarto de educación primariado noso colexio, acompañados por alumnos do CEIP de Bretoña, visitaron o Castro de Viladonga o xoves 18 de maio para asistir a unha demostración de ferrería tradicional. 

A maioría aproveitou para ser ferreirospor un día.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no CEIP O Salvador. 

En colaboración co Concello de A Pastoriza organizamos unha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández e unha conferencia de Ricardo Polín sobre "Árbores históricas na memoria da Chaira" no salón de actos da Casa de Cultura do Concello. Acompañáronnos os nenos e nenas do Colexio de Bretoña.

Despois na biblioteca do noso centro o alumnado de quinto e sexto explicáronnos a vida e obra de Carlos Casares; os máis pequenos fixeron un vídeo baseado no libro do autor "A galiña azul" e os maiores remataron o acto cun pequeno vídeo sobre dicionario deportivo en galego.

ENTROIDO 2017

XA ESTÁN AQUÍ AS FOTOGRAFÍAS DO ENTROIDO 2017 DO NOSO COLEXIO.

SE PINCHADES NA IMAXE IREDES AORESTODE FOTOGRAFÍAS.

Distribuir contido