Celebracións e saídas

Día da Paz

O venres, 30 de xaneiro de 2009 celebramos o Día da Paz, conmemorando a morte de Mahatma Gandhi e de Martin Luther King.
 
Para reflexionar sobre o significado que encerra a palabra "PAZ" deixamos a definición que recollimos no portal Galipedia: "A paz é xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbacións ou axitación, violencia, liorta ou guerra. Pode entenderse no sentido individual (paz interior, tranquilidade) ou tamén mundial (ausencia de conflitos bélicos).
 
Podedes visitar a web do "Seminario Galego de Educación para a Paz" onde atoparedes importante información así coma actividades de interese. A partir das 12:00 hr. organizaremos diversas actividades para conmemorar tan sinalada data.
Distribuir contido