Celebracións e saídas

8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora

O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 146 mulleres obreiras na fábrica de textil Cotton, en Nova Iorque, por defenderen os seus dereitos. Morreron calcinadas nun incendio provocado por bombas incendiarias que lles lanzaron por negarse a abandoar o encerro que fixeran na fábrica para protestar polas pésimas condicións laborais ás que as sometían. Entre as súas reclamacións estaban: reducción da xornada a 10 horas, descanso dominical e igual salario por igual traballo ca os homes.

En homenaxe a aquelas traballadoras do téxtil, as mulleres militantes europeas fixaron o día 8 de Marzo como día internacional da muller traballadora.

Nas seguintes ligazóns pódense descargar algún recursos,dirixidos aos alumnos de Educación Infantil e Primaria, para traballar estos días de cara ao día da Muller Traballadora.

Unidade Didáctica para E.P. "O conto da nena que quixo contar outra historia"

Unidade Didáctica para E.I. e E.P. "Queremos estar en todas"

Carta dunha nai a súa familia (C. Santos)

Para máis información podedes visitar as webs do Servizo Galego de Igualdade ou a do Instituto da Muller do Ministerio de Igualdade.

Día da Paz en imaxes

 


Podes seguir vendo máis fotos na nosa Galería de Imaxes:

 

Día das Letras Galegas

Ramón Piñeiro López Este ano o Día dás Letras Galegas estará adicado a Ramón Piñeiro López do que a Real Academia Galega destaca a dedicación «total e desinteresada» da súa vida na defensa de Galicia e a súa cultura, polo que debe ser «unha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións».

Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente á «saudade», así como as súas traducións supuxeron un «paso decisivo» para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, indica a Academia.

Ramón Piñeiro (Láncara -Lugo- 1915 / Santiago 1990), que tivo grande influencia en xeracións de galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois de postguerra.

A RAG tamén se refire ao labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros Olladas no futuro, Galicia, A linguaxe e ás linguas ou Lembrando a Castelao, que reflicten os eixes fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como «camiño fundamental para a súa realización como pobo».

Igualmente, a Real Academia refírese ao labor do elixido para dedicar o Día dás Letras do 2009 como impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González. Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego e encheu un baleiro «como ningunha outra institución», nos anos anteriores á transición democrática.

Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, ante o que a RAG cita actividades tan singulares como a colección Grial e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego da postguerra.

Igualmente, a Real Academia Galega recorda que foi elixido en 1967 como membro numerario desta propia institución, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas.

Tamén participou na creación do Consello dá Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.


Fonte consultada: Diario "La Voz de Galicia"

http://www.diadasletrasgalegas.com/

Distribuir contido