try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Secretaría

Renovación Consello Escolar: Nota informativa- Sector familias

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS/PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade coa Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 30 de setembro do 22), pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares nos centros de educación non universitaria a Xunta Electoral deste centro, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

·        

En cumprimento do disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, de 17 de outubro (DOG do 21) e a disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999 do 7 xaneiro (DOG do  26) corresponde elexir no presente proceso electoral a un PAIS/NAIS, dun total de dous  que debe ter o Consello Escolar. O outro representantes de pais/nais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

·        

Son electores todos os pais e nais do alumnado matriculado no centro e incluidos no censo  que estará exposto no taboleiro de anuncios a partir do día 11 de novembro. As reclamación aos referido censo poderán ser presentadas ata as 14 horas do día 17 de novembro.

·        

Son elexibles os pais e nais que formulen a súa candidatura oficial segundo ao modelo que se facilitará na secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14 horas do citado día 18 de novembro.

·        

O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais e nais que non se presenten como candidatos/as, o día 18 de novembro ás 13:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola directora do centro, que actuará como presidenta, e 4  pais/nais, actuando de secretario/a a persoa de menor idade.

·        

A campaña electoral comprenderá dende o 19  ao 27 de novembro, ambos inclusive. As dependencias do centro  estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do centro. 

·        

Poderán actuar como supervisores da votación pais/nais do alumnado matriculado no centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

·        

As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro de 9 a 11 horas da mañá e de 16 a 18 horas da tarde. A mesa electoral será constituída o mesmo día en acto público ás 8.55 horas.

·        

O censo electoral de mestres estará exposto a partir da data no taboleiro de anuncios da sala de mestres do centro.

·        

Na papeleta de votacións cada elector fará constar un máximo de UN NOME dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade á hora de votar, mediante DNI ou documento similar.

·        

Teñen dereito a voto o pai/nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

·        

Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío a Xunta Electoral.

·        

A Xunta Electoral resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

                                                     Maniños a 11 de novembro de 2022.

Distribuir contido