try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Secretaría

Circular familias- Renovación Consello Escolar

ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLOS ESCOLARES

Asuntos:

Circular pais/nais de alumnos/as

XUNTA ELECTORAL

C.E.I.P.P.  Os Casais

 

A directora deste centro e Presidenta da Xunta Electoral do mesmo, fai pública a convocatoria de eleccións dos representantes de PAIS/NAIS de alumnos/as, no Consello Escolar para a súa renovación parcial conforme ás seguintes instrucións:

Tal e como dita a  Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 30 de setembro do 22) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS segundo as seguintes normas:

1.         De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996 do 17 de outubro, redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro, corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais, dun total de 2 que debe ter o Consello Escolar. Ese representante correspondelle, nesta renovación,  elexilo a través de votación, tal e como di a normativa.  O outro  representante de nais/pais continúa como consecuencia da súa elección no 2021.

 

2.  A Xunta Electoral resolverá calquera dúbida que poidera xurdir. 

 

Maniños, a 2 de novembro de 2022.

 

A  PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

Asdo.: Lorena Mª Pita Fraga

Distribuir contido