Skip to Content

Blogues

FAI CLIC AO TEU BOCATA

E quedábanos por realizar este curso o obradoiro “Fai clic ao teu bocata”  un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir en equilibrar as súas dietas alimentarias(pulsa na imaxe para saber máis), na que participou todo o alumnado do centro, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

 

 

A través de divertidas personaxes Mar e Roi explican ao alumnado os beneficios para a nosa saúde do consumo de alimentos do mar conservados en latas ou botes. Fixeron diferentes xogos para diferenciar os alimentos saudables de outros que non o son e para ver a importancia de non botar lixo ao mar.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por outro lado, Roi ía preparando os bocadillos con conservas do mar e outros alimentos saudables, que o alumnado puido degustar unha vez rematado o obradoiro.

 

 

 

 

Ademais, deixáronnos un agasallo, un envase para gardar os bocadillos e que se conserven fresquiños ata a hora da merenda.

 

   

ANDAINA POLA SAÚDE

O día 11 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria partiparon nunha actividade organizada polo Concello de A Estrada en prol da saúde. Esta consisitu en acudir ao salón de actos do concello onde a pediatra do centro de saúde, doulle ao alumnado unha charla enfocada na importancia da alimentación saudable e o exercicio físico. A actividade continuou realizando unha andaina por un dos roteiros do concello e que este quere promocionar na poboación de A Estrada para que sexan recorridos buscando así unha óptima saúde da xuventude.

 

 

 

 

 

 

 

 

         

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

 

   

IX FESTA DAS PALABRAS

Entrega de premios aos gañadores/as do concurso de Micropoemas e Microrrelatos 2022, organizado polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada. A madriña literaria desta edición foi a Escritora Rosalía Morlán. O acto estivo amenizado polo grupo "Favorita". 

     

DINAMIZA TV

Hoxe, 25 de maio, estrenouse o programa de tv "DinamizaTv Ceip Pérez Viondi" (entrevistas, obradoiros, noticias culturais e o tempo) no que participaron moitos alumnos e alumnas do colexio.

Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.

 

DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares.

 

 

COIDANDO A SAÚDE CO RATIÑO PÉREZ

 

Nas últimas semanas os nenos/as de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria tiveron unha visita moi especial, pasou polo colexio o axudante do Ratiño Pérez para darnos algúns consellos de como coidar os nosos dentes, da importancia de lavalos despois de cada comida e de non tomar alimentos que poidan facerlle dano. Ademais, deixounos un agasallo, un caderno con esta mesma información e con debuxos para colorear.

                  

 

   

"Orquesta CE pantasma" para celebrar o Día das letras Galegas

Día das Letras Galegas, días de letras e días de festa!! Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben!!!

    

TI SI QUE ES UN BO PEIXE 21/22

E por fin este curso poidemos volver a realizar os obradoiros do programa ALIMÉNTATE BEN case con normalidade! A semana pasada realizamos a actividade “Ti si que es un bo peixe”, xestionada pola Consellería do Mar, co fin de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar ao alumnado (pulsa na imaxe para saber máis), na que participou todo o alumnado do centro, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

                                     

 

Uxía e Roque ensináronnos 9 exemplares de peixes, coñecendo o seu nome, características, formas de pescalos, etc. E tamén os seus beneficios na nosa saúde, insistindo na necesidade de consumilos.

                        

                       

             

 

Para rematar de forma divertida, cantamos e bailamos unha canción repasando todo o aprendido.

                 

                  

Ademais, deixáronnos un agasallo, unha bandana co logotipo da actividade para protexernos do sol, ou facer de cociñeiros!

                               

 

Nas vosas casas podedes consultar os tripticos informativos que tamén nos deixaron.

DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro facendo bandeiroloas con debuxos, poemas, críticas de libros...

        

 

LÁCTEOS NA ESCOLA

ENTROIDO 2022

Este ano celebramos o ENTROIDO cun "Atranque das Xeneralas" seguido dun desfile de comparsas.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut