Skip to Content

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO. 4º E.I.-B

Con motivo da celebración do Entroido, ademais de seguir as comandas establecidas no colexio:

1. Realizamos un anteface, picándolle os ollos e decorándoo con gomets.

2. Tendo en conta que estamos traballando o conto: "O monstro de cores", realizamos unha coroa do monstro de cores. Cada neno/a elexiu a cor da que quería o seu monstro e pintouna con pincel e acuarelas. 

3. Unha avoa dun alumno do colexio veu ao centro a amosarnos cómo se fan as filloas á pedra. Mostrounos e explicounos cómo as facía e posteriormente probamos as mesmas.

4. Participamos no desfile do colexio, desfilando e observando o desfile do resto de clases.

Podedes ver unhas fotos premendo na imaxe.

 



page | by Dr. Radut