Skip to Content

KAMISHIBAI

O KAMISHIBAI  é unha maneira moi popular xaponesa de contar historias empregando ilustracións, textos e a voz dun narrador ou narradora.

O alumnado, de Proxecto Competencial, de 5º  de Ed. Primaria adicouse durante un tempo deste curso a  crear e recrear  historias para despois contalas neste formato. Botáronlle imaxinación para crear as historias e ilustralas. Logo plastificaron no formato axeitado, a continuación ensaiaron e finalmente actuaron para o público máis selecto:  Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. 

     

 Competencias: CCL, CPSAA, CE, CCEC, STEM

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais



page | by Dr. Radut