Skip to Content

PAPAR CON SENTIDIÑO!

 O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo estudando a importancia de manter unha dieta saudable. Despois de facer un estudo da roda de alimentos e das cantidades recomendables de cada grupo  que se deben comer diariamente. Chegaron á conclusión de que é moi importante que o noso plato teña MOITA COR! isto quererá dicir que ten moitas verduras, hortalizas e froitas.

  •   Elaboraron individualmente, seguindo as indicacións da pirámide de alimentos, un menú saudable.  
  •   Tamén coñeceron e empregaron a App Yuka analizando a calidade das súas merendas; facéndose máis conscientes de se son saudables ou non. O Yuka ofrécelles alternativas a produtos similares pero de maior calidade. Estes foron algún dos resultados da análise.

 

 

   

 

  • Para finalizar, comeron palomitas de millo seguindo as intrucións de uso dunha máquina de facer palomitas de millo natural. Leron, fixeron un texto instrutivo e levando a cabo cada paso  das intrucións; degustaron palomitas, recién feitas, de millo “ de verdade”. Todo un descubrimento!

 

Competencias: CCL, STEM, CPSAA, CE

Materias: Lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais. 



page | by Dr. Radut