Skip to Content

5º Ed. Infantil

MAGOSTO E CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O pasado venres 17 de novembro celebramos o Magosto cunha gran castañada que compartimos co alumnado de primaria. Ademais, participamos na carreira solidaria contra a leucemia infantil. Para poder ver algunhas das fotos, premede no seguinte enlace:

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/galeria/thumbnails.php?album=216

 

 

 

Álbum: Curso 2023-24 -> MAGOSTO E CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA

SAMAIN

O pasado 31 de outubro celebramos o SAMAÍN. Pasamolo xenial facendo diferentes actividades:

    - Ensartando pasta terrorifica , buscando arañas e bechos entre diferentes bases sensoriais : orbits de auga, alubias negras, auga vermella que semellaba ser sangue ....  traballando así a motricidade fina, a coordinación óculo -manual,  e diferentes destrezas manuais.

   - Colaboramos na elaboración dun photocall xunto co resto de clases de Educación Infantil. Os/as nenos/as de 4 anos realizaron unhas pequenas pantasmas de papel. Posteriormente, fixémonos unha foto no mesmo.

  - Algúns nenos/as trouxeron cabazas decoradas ou outros elementos vencellados ao Samaín moi chulos para ambientar o colexio. Moitas grazas!

  - Elaboramos unha manualidade cun prato de papel, cada neno/a elexiu se quería facer unha pantasma, Frankenstein ou un morcego.

  - Participamos xunto con todas as aulas de infantil en diversos xogos vencellados ao Samaín no ximnasio do colexio: a cabaza tirabolos, o gato papabolas, a pantasma

No seguinte enlace podedes ver algunhas das fotos de ese dia, esperamos que vos gusten.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/galeria/thumbnails.php?album=210&page=1

Distribuir contido


by Dr. Radut